Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 31 de xullo de 2010
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2010
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
O TEMPO
max.
25º
min.
19º
RUEIRO ARES
Rueiro Ares
MAPAS DO CONCELLO
Vive Ares

Cita Atencion Primaria

Emergencias Galixia|060

Transporte Metropolitano de Galicia

Diario Oficial de Galicia
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
I FESTA MARIÑEIRA

SEDE ELECTRONICA

V Concurso Fotográfico Alianza Aresana Edición 2010

Turismo de Ares

FITUR 2010

Perfil Contratante

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Servizos
Área Municipal de Deportes
Organigrama | Censo Deportistas Federados | Pavillón Deportivo | Horario Pavillón | Escolas Deportivas | Folla de Reclamacións

Dende o Área de Deportes do Concello de Ares tratamos de potenciar a práctica do deporte en todo os seus ámbetos: iniciación deportiva ( escolas deportivas municipais e escolas de clubes), educación física (deporte escolar), ocio( programas anuais específicos ) e competición(clubes).

Liñas de actuación:

  • Planificar  e programar o deporte municipal atendendo a todos os sectores da poboación: Escolas Deportivas Municipais, Programa Deportivo de Nadal, Programa de Deporte Escolar, Programa de Actividades na Natureza, Programa Deportivo de Verán.
  • Colaboración co asociacionismo deportivo e as actividades de seu.
  • Equipamientos deportivos municipais ( creación de novas infraestructuras deportivas e mantemento das xa existentes).
  • Turismo e Deporte ( o Deporte en Ares como un elemento de dinamización turística: Roteiro SendARES, Programa BicicletARES, Rotas de BTT e sendeirismo dentro do Programa de Actividades na Natureza ¡ Por terra, mar e aire!, Peirao Deportivo).


As principais liñas de actuación do área de deportes:

Promoción de actividades en idade escolar:

  • Fomentamos e regulamos as actividades físicas e deportivas dirixidas a toda a poboación en idade escolar.

Deporte para todos:

  • Ofrecemos unha rede equilibrada de servizos e actividades que favorecen unha millor calidade de vida.

Fomento do asociacionismo deportivo (entidades, asociacións ou clubs deportivos):

  • Fomentamos e regulamos o asociacionismo en todas as súas manifestacións como marco para o desenvolvemento de actividades físicas e deportivas, e a dinamización do pobo.

O ocio deportivo:

  • Ofertar diferentes programas deportivos para a poboación durante todo o ano axudando a encher o tempo libre dunha forma saudabel e activa ( campamentos deportivos de verán, cursos de achegamento a novas prácticas deportivas,….)

Plan de equipamientos deportivos:

  • Xestionamos as instalacións deportivas actuais e diversificaremos, a corto e medio prazo ( clube de auga intermunicipal, zona deportiva,….), os servizos e as ofertas para os diferentes grupos da poboación: deporte por libre, deporte en asociación,  escolas, etc.


¿Que obxetivos nos plantexamos?

Cremos ca dirección que ten que seguir o noso traballo consiste en:

  • Ofrecer ós aresáns servizos e actividades físicas e deportivas para todas as idades posibeis. 
  • Proporcionar todo tipo de axuda, ó alcance do Área de Deportes, para potenciar a escala local o arraigo e a estructuración de iniciativas deportivas, nomedamente ó tecido deportivo local.
    • Dar resposta ás necesidades deportivas plantexadas polos cidadáns de Ares.
    • Apoiar ós clubs e entidades deportivas do municipio.
  • Empregar o deporte como instrumento que nos permita, primeiro, educar de forma integral ós individuos co practican e, segundo, dar a coñecer a imaxe da nosa poboación.
  • Tenter facilitar o acceso á práctica deportiva  daqueles colectivos que por razóns socioculturais e/ou económicas non participan de forma habitual.  
  • Promover as actividades físicas e deportivas en idade escolar.
  • Desenvolver un plan de equipamentos deportivos axeitado para o Concello, mellorando o que xa temos e construindo novas infraestructuras adaptadas ó momento actual.


Equipamientos deportivos de titularidade municipal:
 

  • Pistas Polideportivas nas parroquias: CIRS de Cervás, C.C.Outeiro de Chanteiro,  
  • Ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes. ( Camiño de Maciñeiras, s/n).
  • Campo de fútbol municipal de herba artificial. ( Prados Vellos).
  • Pavillón Municipal de Deportes. ( Camiño de Maciñeiras, s/n).
  • Espazos polivalentes ( Praza da Constitución, praia do Xuncal).
  • Pista polideportiva do Colexio “Conde de FENOSA”.


¿Qué hai que facer para acceder a estos servizos?

Dirixirse ás oficiñas do Área de Deportes do Concello de Ares:
Centro Cultural da Alianza Aresana
Rúa María 11. 15624 ARES ( A Coruña)

Horario: de luns a venres de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.
Teléfono e fax: 981448057.
e-mail: deportivos@concellodeares.com
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares