“En bici por Ares: BicicletARES”
(Aluguer de bicicletas turísticas dentro do Plan de Dinamización de Produto Turístico Ferrol-Ortegal).
A dinamización turística do Concello de Ares, dentro dun proceso similar na comarca de Ferrolterra e o Ortegal, pasa por presentar unha oferta variada e atractiva de servizos e actividades ó visitante tentando atraer ó turismo pola calidade e a singulariedade das propostas, adaptándoas en cada caso ás peculiariedades e puntos fortes de cada vila.
O escenario natural sobre o que se asenta o noso pobo, cunha orografía cha, provistas de multitude de sendas e camiños alonxados das estradas, en moitos casos incluso paralelas as mesmas, fan da bicleta un valioso e divertido medio de transporte que vai a permitir os desplazamentos ó longo do municipio, percorrendo toda a súa paisaxe e accedendo ós lugares elexidos dunha forma sinxela, ecolóxica e saudable.
Na actualidade, o Concello de Ares dispón dunha rede de sendeiros municipais, que a través de 55 km percorren ó municipio atravesando tódalas parroquias, cunha sinalización axeitada e onde ademáis propoñense visitas a lugares de interés ben sexa polo valor artístico ( ermitas, pontes, antigas fortificacións, mosteiro, …) ou polo natural ( praias, puntas, cantís, …).
A idea de fuxir dun turismo esencialmente de praia, con grande dependencia do factor climatolóxico e por ende estacional, xunto ca evolución do mercado turístico necesitado de propostas activas de desfrute do tempo de descanso e lecer que en moitos casos poidan aplicarse a diferentes públicos por razóns de idades, sexos e mesmo culturas, fan dirixir ós nosos pasos hacia estratexias de intervención que presenten proxectos viabeis e atractivos como cremos se da “en bici por Ares: bicicletARES”. ¡ Só queda pedalear !
OBXETIVOS:
RECOMENDACIÓNS PARA OS CICLISTAS
O ALUGUEIRO DE BICICLETAS MUNICIPAIS:
Baixo o nome de bicicletARES, pretendemos crear un servizo municipal de aluguer de bicicletas. Con dito produto, enmarcado dentro do Plan de Dinamización Turística da vila, ofertaremos unha boa forma de coñecer o noso concello.
En principio, concíbese coma un servizo estacional, xa que tendo en conta as características do pobo e a climatoloxía, será nos meses de primaveira-verán cando máis demanda terá, aínda que cabe a posibilidade de poder ofertalo durante máis meses. Xa que logo, falamos de abrir o servizo no mes de abril, durante a Semana Santa, por ser esas datas as primeiras nas que se rexistra unha grande afluencia de visitantes ó municipio. Dende ese momento, e ata o mes de setembro incluído, será sen dúbida o período de mais forte demanda do servizo.
Poderanse alugar as bicicletas no centro cultural da Alianza Aresana e si se dispuxese no seu día dunha oficina de Turismo, tamén en dito local, estos puntos denominaranse Estacións. O horario de aluguer será de luns a venres de 9 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 horas polas tardes. Estudiarase a posibilidade de abrir o servizo as fins de semana no mesmo ou parecido horario.Poderase facer o aluguer da bicicleta só para a mañá, só para a tarde, ou para todo o día como máximo. Os prezos será populares e simbólicos estabelecéndose como referencia o de 2€ pola mañá ou pola tarde, e 4€ todo o día. Terase en conta o aluguer para grupos, prevéndose que a partir de tres persoas os prezos pasarán a ser de 1€ pola mañá ou tarde, e 3€ todo o día. As sillas de nenos non se cobrarán. Para poceder o aluguer ademáis de satisfacer o pago da taxa correspondente, deberase deixar na oficina o DNI orixinal, o carnet de conducir, ou o Pasaporte devolvéndose os documentos depositados, unha vez se faga entrega da bicicleta. Para proceder a entrega da bicicleta na Estación, é preciso cumplir co tempo de aluguer pactado, cabendo a posibilidade de ampliar o horario de aluguer na xornada de mañá e pasar a todo día, previa chamada telefónica o punto de aluguer (Estación), satisfacendo a diferencia de prezo unha vez se proceda á entrega da bicicleta na Estación.
Estabelecerase unha normativa de aluguer e uso do servizo de alugueiro de bicicletas municipais, que rexirá todos os asuntos relacionados ca posta en marcha do servizo. Dita normativa, xunto con toda a documentación referida a este servizo acharase en tres idiomas ademáis do galego: francés, inglés e castelán.
NORMATIVA
AS ESTACIÓNS E OS APARCABICIS:
A Estación será un espazo onde estarán as bicicletas de alugueiro, e comporase dunha estructura metálica preferentemente en aceiro inxoxidable, cunhas mamparas de metacrilato nos laterais e no fondo co obxeto de impedir que en caso de choiva as bicicletas se mollen. En ditas mamparas figurarán os anagramas do Plan xunto co escudo do Concello, e unha alegoría da actividade. Na parte superior da Estación instalarase un tellado a dúas augas realizado con metacrilato, madeira e tella. No interior da Estación instalaranse aparcabicis en aceiro inoxidable, de xeito que cada bicicleta esté suxeita de forma individual, permanecendo asegurada a estructura mediante un dispositivo antirroubo de chave. O chan da Estación será de hormigón impreso ou pizarra, con lixeira caída co obxeto de que en caso de depositar unha bicicleta mollada ou no caso de lavado das mesmas o auga discorra hacia fora da Estación. ( No caso de poder empregar como estación os baixos da Alianza, poderiamos aforrar este concepto).
Instalaranse aparcabicis en todo o termo municipal, de cara a promover o uso da bicicleta, prestando especial atención os puntos onde serán instalados, e que tras un estudio preliminar resultan os que seguen:
Deste xeito habería duascentas ( 200) prazas de aparcabicis no termo municipal, repartidas ó longo das parroquias e dos lugares de maior afluenza de persoas.
Os aparcabicis serán modulos en forma de U invertida, de aceiro inoxidable, suxeitos ó chan por parafusos. Prevense de diferentes tamaños dende un modelo base de catro prazas, que dará lugar según o punto de colocación anteriormente sinalado a oito, doce ou dezaseis prazas de aparcamento.