BIBLIOTECA MUNICIPAL
A Biblioteca Pública Municipal de Ares está sita fisicamente no edificio da «Alianza Aresana» e ofrece os seguintes servizos:
A Biblioteca Municipal é un servizo público interesado na difusión do coñecemento e a cultura na comunidade, que traballa pola cidadanía e intenta xestionar un espazo de tolerancia e respecto cara aos demais. Así mesmo, busca en todo momento optimizar os seus recursos e aproveitar ao máximo as instalacións e infraestruturas con que conta.
Que se necesita para facerse socio?
Os únicos pasos que se deben seguir para facerse socio consisten en cubrir o impreso cos datos persoais e achegar a fotocopia do D.N.I. ou, no caso dos máis pequenos, do libro de familia.
Unha vez que xa se é socio, pódense solicitar os libros que se queira. Pódense pedir emprestados ata tres libros á vez, sempre cun prazo máximo de vinte días, aínda que se pode prorrogar en caso necesario.
HORARIO
De luns a venres
CONTACTO
Edificio «Alianza Aresana»
Rúa María n.º 11
Teléfono: 981 448 057
Fax: 981 448 057
E-mail: Biblioteca
Oficina Xuvenil
Un servizo moi solicitado da biblioteca é o acceso a Internet por medio de «Internet nas Bibliotecas». Grazas a el dispoñemos de tres ordenadores fixos con esta conexión.
INTERNET NAS BIBLIOTECAS
O programa «Internet nas Bibliotecas» é un servizo dirixido ás bibliotecas públicas cuxo obxectivo consiste en levar a banda ancha e o uso das novas tecnoloxías ás bibliotecas públicas.
O usuario pode realizar varias actividades, sexa cos ordenadores da propia biblioteca, sexa cun portátil que traia el mesmo.
Para usar o ordenador basta con introducir o nome de usuario e o contrasinal que o cidadán definiu a primeira vez na pantalla de rexistro de usuarios. Poderá realizar, entre outras, as seguintes actividades:
Dentro das instalacións dispoñemos do servizo de Oficina Municipal de Información Xuvenil.
OMIX
Que é unha OMIX?
É unha estrutura informativa de carácter municipal que presta servizos de información aos mozos do concello, ben directamente ou ben a través de puntos municipais de información xuvenil vinculados.
Un dos servizos máis demandados desta oficina é a emisión do Carné Xove.
CARNÉ XOVE
Destinatarios:
Mozos de entre 12 e 25 años, ambos inclusive.
Expedición:
É preciso cubrir un impreso, presentar unha foto, dúas fotocopias do D.N.I. e pagar 6 € nunha entidade bancaria.
Ámbito e cobertura:
O seu obxectivo é facilitar aos mozos de entre 12 e 25 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos e vantaxes.
Permite aos seus titulares un acceso privilexiado a diferentes bens e servizos que abranguen diferentes ámbitos: cultura, aloxamento, transporte, comercio, etc.
Poderá utilizarse naqueles establecementos e servizos que figuren na guía Carné Xove Euro -26, que se entrega gratuitamente co carné.
Validez:
Este carné ten unha vixencia de 2 anos a partir da súa expedición.