NATUREZA E DESCRICIÓN
A Aula de Informática - Aula CeMIT é un servizo que ofrece o Concello de Ares en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia para que toda a poboación poida acceder libremente ás oportunidades que brindan os novos sistemas de información e comunicación.
O mundo das novas tecnoloxías converteuse nos últimos anos nun elemento imprescindible dentro da sociedade actual. Encontramos os ordenadores en todos os ámbitos da nosa vida cotiá.
A Aula de Informática - Aula CeMIT ofrece un servizo de acceso libre e gratuíto a Internet para crear un centro de estudo, traballo e lecer.
No horario de aula aberta pódese acudir para realizar traballos escolares, navegar por Internet, abrir unha conta de correo electrónico, enviar e recibir correos, imprimir información puntual, consultar ofertas de emprego na Web, etc.
DESTINATARIOS
As Aulas están destinadas a todos os habitantes do Concello de Ares que estean interesados no mundo da informática e as novas tecnoloxías.
As persoas que queiran acceder a este servizo só terán que pasar pola Aula e cubrir a ficha de inscrición.
Actualmente as aulas conta cun total de 900 usuarios rexistrados.
EQUIPAMENTO
O equipamento da aula de informática municipal é:
O equipamento da Aula CeMIT municipal é:
HORARIO
O horario da Aula Aberta é:
DE LUNS A VENRES
de 10.00 a 14.00
de 16.00 a 19.00
Este horario pode verse modificado por actividades como cursos, xornadas e outras actividades informáticas. Horario Detallado.
LOCALIZACIÓN
Aula de Informática - Aula CeMIT do Concello de Ares
Rua Real 24-26 Baixo
15624 Ares (A Coruña)
TELÉFONO
981 94 95 91
CORREO
Contacto