Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 26 de Setembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitación Electrónica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Ares
Actividades Deportivas
INFORMACIÓN SOBRE A REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE ARES: PAVILLÓN DEPORTIVO MUNICIPAL DE ARES, XIMNASIO MUNICIPAL, PISTAS DE PADEL DE PEDRÓS, ESPAZOS ABERTOS DE XOGO NAS PISTAS DAS SOCIEDADES CIRS-CERVÁS, OUTEIRO-CHANTEIRO, COLEXIO DE ARES, PEDRÓS:

Tralo peche dos espazos deportivos e de lecer, ante a crise sanitaria xerada polo COVID-19, e logo de tres meses de estado de alarma, e de térense tomado medidas moi restritivas na mobilidade das persoas e na propia actividade económica por parte do goberno do Estado , o pasado 12 de xuño de 2020 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, que se publican no DOG do sábado 13 de xuño.

Neste acordo defínese, de forma xenérica e por tanto aplicable a todas, a forma en como se poden abrir ao público as instalacións deportivas tal e como segue:

- Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.
- Cada instalación deportiva deberá publicar un protocolo para coñecemento xeral dos seus usuarios e que recollerá as distintas especificacións en función da tipoloxía de instalacións que, de ser o caso, poidan preverse nun protocolo básico aprobado polo Centro de Coordinación Operativa por proposta da Secretaría Xeral para o Deporte.
- Nas instalacións deportivas a actividade física e deportiva estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso:

a) Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.
b) As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin.
c) Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.
d) Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos hidroxeles que deberán estar dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto.
e) Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, utilizar máscara.
f) Utilizarase a máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, salvo que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.

INSTALACIÓN DO PAVILLÓN DEPORTIVO MUNICIPAL:

1. ZONA DE RECEPCIÓN: acceso instalación usuarias/os con control de entrada:
- Alfombra desinfectante: para desinfección na entrada do centro: consta de dúas alfombras una impregnada dun produto específico COVID19 e outra de secado.
- Estación de limpeza de mans antes de acceder ás instalacións.
- Sinalización da distancia de seguridade.
- Mampara mostrador.
- Máscara ffp2.
- Guantes, con uso opcional.
- Pulverizador con produto desinfectante.
- Cobro prioritario con tarxeta, no paso de efectivo se desinfectará os cartos nunha bandexa con un produto específico covid19.

2. ZONA SALA FITNESS:
- Porase a disposición dos usuarios: xel hidro-alcohólico, pulverizadores con produto desinfectante covid19 e papel, ademais de papeleiras con tapa e pedal.
- Recoméndase o uso de máscara, obrigatorio o uso de toalla, opcional a utilización de guantes.
- Distanciamento de máquinas 1,5m, coa nova normalidade de Galicia, por elo, algunhas máquinas deberanse dispor na sala de usos múltiples contigua co fin de separar físicamente unhas máquinas de outras..
- Desinfección de máquinas tras o seu uso por parte de cada usuario/a.
- Creación dun horario para limpeza de desinfección polo noso persoal, que cando menos será dúas veces pola mañá no horario de apertura ( de 9 a 13,30h)
- Aforo inicial será de 10 postos, por elo dende a Conserxería levarase control de accesos, impedindo que se sobrepase ese aforo e instando aos usuarios/as que cheguen unha vez

- NOTA.- Destacar o uso preferente para usuarios maiores de 65 anos, no horario de martes e xoves de 11,30 a 12,30h.

3. ZONA VESTIARIOS:
- Se deberá manter a distancia de seguridade de 2m.
- Sinalización da distancia de seguridade en banco, duchas e taquillas.
- Estación de desinfección a entrada dos vestiarios.
- Papeleiras con tapas e pedal.
- Aforo: 4 persoas por vestiario.

PREVISIÓN DE ACTIVIDADES:
- A instalación do pavillón retomará o seu horario habitual, o VENRES 3 de xullo, no horario de verán, de 9 a 13,30h. , puidendo facerse a inscrición as actividades das escolas de verán programadas no período anterior a súa posta en marcha. Estímase que haberá un período de inscrición do 3 ao 14 de xullo para empadroados/as en Ares e do 13 e 14 para os non empadroados/as.
- No mes de xullo, do 15 de xullo ao 14 de agosto, ofertaranse en horario matinal, as actividades de Escolas Deportivas de verán que se recollen no anexo, co cadro horario e grupos respectivos. (ANEXO I)
- Do 17 ao 21 de agosto, terá lugar o Campus de Baloncesto Chiquibasquet, nesta edición centrado só na técnica individual adaptando os seus contidos ás medidas relacionadas co COVID.

ANEXO I:
ESCOLAS DE VERÁN: VeraneAres 2020

MULTIACTIVIDADE FÍSICA (1), PATINAXE, TENIS-PADEL, TENIS DE MESA, ATLETISMO-BTT(2)

DO 15 DE XULLO AO 14 DE AGOSTO:

PATINAXE
Luns: GRUPO 1 PISTA EXTERIOR DE 11,30 A 13
Martes: GRUPO 2 PISTA EXTERIOR DE 11,30 A 13
Mércores: GRUPO 1 PISTA EXTERIOR DE 11,30 A 13
Xoves: GRUPO 2 PISTA EXTERIOR DE 11,30 A 13

TENIS-PADEL
TENIS:
Martes: GRUPO 1 PISTA PAVILLÓN DE 10 A 11,30
Martes: GRUPO 2 PISTA PAVILLÓN DE 12 A 13,30
PADEL:
Xoves: GRUPO 1 PISTA DE PEDRÓS DE 10 A 11,30
Xoves: GRUPO 2 PISTA DE PEDRÓS DE 12 A 13,30

TENIS DE MESA
Mércores: GRUPO 1 MEDIA PISTA PAVILLÓN DE 10 A 11,30
Xoves: GRUPO 2 MEDIA PISTA PAVILLÓN DE 12 A 13,30.
Mércores: GRUPO 1 MEDIA PISTA PAVILLÓN DE 10 A 11,30
Xoves: GRUPO 2 MEDIA PISTA PAVILLÓN DE 12 A 13,30.

ATLETISMO-BTT
ATLETISMO:
Martes: GRUPO 2 PISTA EXTERIOR/ PARQUE ROSALÍA DE 10 A 11,30
BTT:
Xoves: GRUPO 2 PISTA EXTERIOR/ PARQUE ROSALÍA DE 10 A 11,30

MULTIACTIVIDADE DEPORTIVA
Mércores: GRUPO 1 MEDIA PISTA PAVILLÓN DE 11 A 12,30
Xoves: GRUPO 1 MEDIA PISTA PAVILLÓN DE 11 A 12,30

- Grupo 1: De 8 a 11 anos ( Poderán tomar parte os nen@s con 8 anos xa cumpridos), 10 prazas en cada actividade/mes.
- Grupo 2: De 12 a 15 anos ( Poderán tomar parte só os nen@s con 12 anos cumpridos no momento da inscrición). 10 prazas en cada actividade/mes.
- Inscricións, por rigurosa orde de solicitude, ata esgotar as prazas, da forma que segue:
o Empadroad@s, ou nen@s con titores empadroad@s: Do 3 ao 14 de xullo (ambos inclusive). No pavillón deportivo municipal, de 9 a 13h. De luns a venres. A través do correo electrónico pavillonares@sedega.com. Pago por transferencia bancaria
o Non empadroad@s: 13 e 14 de xullo. No pavillón deportivo municipal, de 9 a 13h. De luns a venres A través do correo electrónico pavillonares@sedega.com. Pago por transferencia bancaria
- Prezos: 20 €/mes empadroad@s e 30 €/mes non empadroad@s). Os pagos poderán facerse no por transferencia ó número de conta ABANCA ES75 20800211613110000055 . Familias numerosas 50% en todas as inscricións (Descontos non acumulables). IMPORTANTE: Indicar no concepto do ingreso: O nome do participante, quendas que vai a asistir e escola de verán do Concello de Ares.
- PROTOCOLO PREVENCIÓN: Terán que estar na entrada ao pavillón, fóra do mesmo, 5 minutos antes da actividade, separados cun acompañante/titor no caso de menores de 10 anos. En adiante poderán achegarse solos. No caso de vires en coche esperarán dentro do coche á que os chame o monitor. O monitor asomarase á porta e chamará dun en un aos nenos que tomen parte na actividade, nese momento o participante achegarase ata a porta portando en todo momento a mascarilla e procederase ao desinfectado das mans con hidroxel antes de acceder ao pavillón. Unha vez dentro, pisarán co seu calzado nun rodo mixto, húmido/seco, indo a sentarse na bancada en calquera asento cun punto de cor sinalado, estarán separados uns asentos doutros gardando a distancia de seguridade e ca mascarilla sempre posta, namentras non da comezo a actividade por parte do monitor. Ao remate o mesmo proceder, o monitor irá mandándoos sentar na bancada, limparán as mans con hidroxel, porán de novo a máscara, cambiaranse e os chamará dun en un para poder sair da instalación.Se ao longo da actividade precisan ir ao servizo, terán que limpar as mans con hidroxel e proceder según un protocolo que se lles explicará na primeira das xornadas.Calquera participante que teña algún tipo de sintomatoloxía ( febre,etc) non deberá acudir a actividae e deberá avisar a Organización chamando ao pavillón deportivo.
- No caso de que os participantes cheguen por libre á xornada ou marchen eles sós, deberán comunicalo previamente ós responsabeis no momento da inscrición no campamento, cubrindo unha autorización ó efecto. Nos demáis casos a persoa que leve ou recolla ós nenos identificarase ós monitores.
- Equipo e material recomendado: material deportivo ( agás no caso de tenis de mesa que aportarémolo nós), pantalón curto, suadeira, camiseta, calcetíns, zapatillas de deporte. Protección solar.
- Para información e inscrición: Pavillón Deportivo Municipal, luns a venres de 9 a 13 horas. Tel. 981468562 ou www.concellodeares.com.

ANEXO II: PROTOCOLO DE FUNCIONAMIENTO CAMPUS CHIQUIBÁSQUET ARES-AGOSTO 2020

- PARTICIPANTES: 4 GRUPOS X 9 CHIC@S POR GRUPO-36

- PARTICIPANTES DISTRIBUCIÓN:
2 GRUPOS ENTRENAN PISTA CUBIERTA INSTITUTO
2 GRUPOS ENTRENAN PISTA PABELLÓN POLIDEPORTIVO

- ENTRENADORES: 1 ENTRENADOR X GRUPO+DIRECTOR DEL CAMPUS

- METODOLOGÍA: CADA GRUPO TRABAJA EN SU MEDIO CAMPO. SIN CONTACTO FÍSICO. CADA PARTICIPANTE TENDRÁ SU BALÓN QUE SERÁ DESINFECTADO SIEMPRE QUE SEA NECESARIO AL MENOS UNA VEZ POR SESIÓN.

- TRABAJO DE 1X0+ 2X0+ 3X0+ 4X0 DE TÉCNICA Y DE TÁCTICA INDIVIDUAL. CONCURSOS SIN CONTACTO FÍSICO DE

- TIRO TAMBIÉN DE CANASTA IMPOSIBLE-Y DE HABILIDADES.

- STAFF ADICIONAL: MONITOR DE PRIMEROS AUXILIOS+ MONITOR QUE SE ENCARGARÁ DE LIMPIEZA Y DESINFECCIÓN.

- HORARIO: DE 10 A 13. 30 H.

- FECHAS: DEL LUNES 17 AL VIERNES 21 DE AGOSTO DE 2020 MATRÍCULA: 40 EUROS

- PREVISIÓN: ALTERNATIVA A TRABAJO CON DOS GRUPOS X FRANJA HORARIA. UNO DENTRO-POLIDEPORTIVO-, OTRO FUERA PISTA CUBIERTA INSTITUTO. CADA GRUPO FORMADO POR 9 PARTICIPANTES. 1ª FRANJA HORARIA DE 10 A 11. 30 H. 2ª FRANJA HORARIA DE 12 A 13. 30 H. SE PROCEDERÍA A LA LIMPIEZA Y DESINFECCIÓN EN LA MEDIA HORA EXISTENTE ENTRE AMBOS GRUPOS. MATRÍCULA: 25 EUROS.

INSTALACIÓN DAS PISTAS MUNICIPAIS DE PADEL EN PEDRÓS:
• Este espazo ao aire libre, composto polas dúas pistas de padel de Pedrós, poderase abrir ao alugueiro así como ser empregado para impartir as clases da Escola de Verán de padel-tenis.
• HORARIOS:
Unha vez se coñeza cal será o horario definitivo de uso das mesmas, en base aos grupos das Escolas de Verán, no resto do seu horario podería ser empregado para alugueiro. Agárdase a súa apertura para o xoves día 10 de xullo.
• PROCEDEMENTO:
O procedemento de alugueiro fai preciso por un lado a cita previa, e a recollida e devolución das chaves das mesmas. Este procedemento tanto na parte administrativa de alugueiro como na física de recollida/devolución da chave farase nas dependencias do pavillón deportivo. Deste xeito no horario de 9 a 13,30, de luns a venres, poderase alugar e retirar a chave, mentras que poderase devolver ao longo da xornada depositandoa na caixa de correo do pavillón. No caso de alugueiros para a fin de semana recollerase sempre a chave o venres e depositarase unha vez remate o alugueiro na caixa de correo.
• MEDIDAS A TER EN CONTA:
Cada usuario/a, deberá dispor de hidroxel ao fin de limpar as mans antes de tocar a cerradura da instalación, así como ao deixar a instalación.
Ao sair da instalación pechar sempre ca chave a cerradura e comprobar que queda ben.
AFORO máx de 8 persoas á vez e de catro por pista, agás nas clases que poderá ser de 6 nunha das pistas sempre e cando estén co monitor na clase, gardando distancias e adoptando as medidas oportunas como o uso da mascarilla.
No caso de ter algún problema na citada instalación, ou sendo preciso comunicar calquera incidencia no uso da mesma poden contactar ca Policía Local no número de teléfono 629078961.

INSTALACIÓN DAS PISTAS POLIDEPORTIVAS PARROQUIAIS:
• Trátase das instalacións ubicadas en Cervás, Chanteiro e Pedrós, así como a do colexio de Ares.
• HORARIOS: A dispor en cada instalación polas Directivas das Sociedades on de se ubican.
• PROCEDEMENTO:
O recollido de forma xenérica respecto ás medidas de distanciamento social e de uso das mascarillas cando non fose posible. Igualmente uso de hidroxeles/ lavado de mans antes e despois de acceder á instalación de xogo.
• MEDIDAS A TER EN CONTA:
Cada usuario/a, deberá dispor de hidroxel ao fin de limpar as mans antes de acceder, así como ao deixar a instalación.
AFORO máx de 16 persoas á vez, gardando distancias e adoptando as medidas oportunas como o uso da mascarilla, cando non fose posible.
No caso de ter algún problema na citada instalación, ou sendo preciso comunicar calquera incidencia no uso da mesma poden contactar ca Policía Local no número de teléfono 629078961.

INFORMACIÓN en pdf
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares