Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 06 de Decembro de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitación Electrónica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2021/2022

CAMPAÑA DE NEVE 2022 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

MERCAres 2021

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Ares
O valor do noso mercado
O mercado municipal de Ares atópase no centro do casco urbano (Franxa, s/n, 15624) da propia vila e supón un elemento nuclear na promoción do produto local e de proximidade, interconectando o tecido empresarial da vila coa veciñanza e mantendo a actividade económica dunha maneira tradicional. O horario de apertura para toda persoa interesada en achegarse é de luns a sábado, de 08.00 a 14.00 horas, e convértese nunha boa oportunidade para coñecer o produto local de Ares.



Durante estes últimos anos, o mercado municipal foi aumentando a súa oferta de servizos ata acadar a situación actual, revitalizándose coa incorporación dun maior número de tendas. A diversificación das tipoloxías de negocios que se acollen no mercado foi clave nesta recuperación e permite que, na actualidade, a veciñanza poida acceder a unha peixaría, florería, froitería, tenda de ultramarinos, freiduría/bar e tenda de produtos de degustación.

En específico, o mercado municipal de Ares conta coa seguinte oferta de postos e servizos:

• Gastrobar Bocarte, centrada en ofrecer restauración ós compradores/as que se acheguen ó mercado.
• Pescadería Elena, que promove a venda de produto de mar de proximidade, enfatizando a riqueza marítima de Ares.
• Alimentación Uxía, tenda centrada no abastecemento de múltiples tipoloxías de produtos diarios do sector alimentario.
• Petiscos da Terra, que oferta unha ampla gama de produtos locais tanto aresáns coma galegos gourmet, complementando o resto de postos municipais, e un servizo de chacinería.
• Manolo Froitería Mar, focalizado en hortalizas e froitas de plantación e recollida local, amais dalgúns produtos de florería.

Do conxunto de praceiros/as, Petiscos da Terra é a última incorporación ó mercado, cunha clara vinculación coa promoción de bens de calidade local. Ademais, ata o de agora, só queda pendente de adxudicación o último posto para cubrir a totalidade de prazas asignadas.

Algunhas das vantaxes de comprar no mercado municipal de Ares

O mercado municipal promove e mantén as relacións de consumo de proximidade, dando unha oportunidade de interconectar ás pequenas empresas locais de Ares coa veciñanza interesada en achegarse ó produto de proximidade.



Entre as vantaxes de comprar no mercado municipal, podemos atopar:

1. O trato personalizado e especializado, cuns postos que coñecen de primeira man o seu produto, mais tamén as necesidades e gustos dos veciños e veciñas de Ares, personalizando o trato en función deste coñecemento.
2. A xeración de emprego e ingresos locais, promovendo un ciclo económico sostible e cun impacto directo na contorna municipal, outorgando máis posibilidades de crecemento ó emprendedor local.
3. Unha liña de produción de proximidade, coa que se pode garantir non só a calidade dos produtos, senón tamén a sustentabilidade de todo o proceso produtivo. A compra no mercado municipal permite contar con liñas de abastecemento máis adaptadas e sustentables no tempo.
4. Dinamiza a vida socioeconómica da zona, promovendo o contacto entre veciños e a revitalización dos espazos. En última instancia, a compra no mercado municipal permite falar dunha paulatina creación de comunidade, aumentando a calidade de vida en Ares.
5. Proporciona bens e servizos máis exclusivos, que non se atopan noutros espazos ou tendas e que, polo tanto, presentan un alto valor engadido. O grao de especialización aumenta na compra local.

Campañas de dinamización do consumo de proximidade

O Concello de Ares vén realizando nos últimos anos un proceso múltiple no mercado municipal; a planificación non se centra só na recuperación urbanística do espazo, senón tamén na dinamización dun ciclo socioeconómico que aumente a vitalidade e o sentimento de comunidade.

Así, o Concello organizou tanto na anualidade 2020 coma no 2021 a campaña “MercaAres”, de apoio ao pequeno comercio e á hostalería de Ares co sorteo dun conxunto de vales para a compra local; o investimento neste MercaAres alcanzou unha cifra próxima aos 6.000 euros en premios, fronte ós 4.500 do pasado ano, que axudan a solidificar a relación entre veciñanza, institución local e tecido comercial de Ares.

De igual maneira, o Concello tamén participou tanto en 2015 coma no 2016 na campaña “Quere o teu mercado”, promovida pola Xunta de Galicia, e axudou á dinamización dos mercados municipais galegos; estas iniciativas serviron coma base de traballo para a actual planificación económica, potenciando as compras do produto local e enxalzando a profesionalidade dos praceiros e praceiras.



Dentro de “Quere o teu mercado”, a Banda de Gaitas de Ares amenizou a xornada de compra á veciñanza que se achegou ó mercado, achegando tamén material promocional da campaña.

Últimas actuacións de recuperación e adaptación de postos municipais

Da man destas campañas de dinamización e promoción socioeconómicas, o Concello de Ares tamén iniciou un proceso de rehabilitación e reforma integral do mercado municipal. Neste sentido, a última intervención realizada centrouse no acondicionamento, mellora e adaptación á normativa sanitaria do mercado municipal, por un importe de 49.008,61 euros en dúas anualidades (2020-2021), financiada nun 80 % por AGADER a través do financiamento da Unión Europea (FEADER).



Esta actuación, en consonancia coa liña de mellora e conservación da propia cultura tradicional do mercado de proximidade, reformou a zona da pescadería para optimizar a súa funcionalidade e eficiencia enerxética, adaptándoa tamén á normativa sanitaria vixente.

A maiores, acometeuse a dotación dunha porta de apertura automática no mercado, de cara a mellorar a súa accesibilidade, e tamén unha dotación de porta de vidro templado co mesmo fin, potenciando a entrada de luz natural. As obras permitiron mellorar notablemente o mercado de abastos e aumentar a calidade dos servizos que se ofertan na actualidade, promovendo a maior profesionalidade posible dos praceiros/as.



Non obstante, as intervencións e actividades promovidas polo Concello, coma ente municipal implicado na xestión do mercado, continuarán ao longo de próximas anualidades, tanto no seu eido arquitectónico coma social e cultural; contemplaranse posibles propostas futuras de difusión e promoción deste espazo clave no desenvolvemento de ciclos económicos sostibles e dun sentimento colectivo de comunidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares