Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Maio de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ALFOMBRAS FLORAIS 2018

VOTO DE CHANTEIRO 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Ares
Actividades culturais
- LETRAS GALEGAS 2018
- Cantacontos para bebés co músico PABLO DÍAZ
O 14.05.2018 ás 19:00h na Alianza Aresana

- Concerto homenaxe a M.Victoria Moreno a cargo do grupo Xardín desordenado
O 16.05.2018 ás 20:00h na Alianza Aresana.

- Contacontos Unha viaxe mar adiante coa compañía A trastenda dos contos .
O 18.05.2018 ás 19:00 h na Alianza Aresana.

ORGANIZA: CONCELLARÍA DE CULTURA

- VOTO DE CHANTEIRO 2018
22 DE MAIO DE 2018

10:30 h. Saída de autobuses de Mugardos e Ares

Ruta bus Mugardos: Inicio en San Xoan de Piñeiro e paso por O Seixo, Franza, A Pedreira e Mugardos.

Ruta bus Ares: Inicio en Pedregal e paso por Pezoas, Seselle, Porta do Sol, Lubre, Cervás e Chanteiro.

12:00 h. Celebración da Misa.

Despois da Misa actuará o Grupo de Gaitas Ría de Ares.
Haberá reparto de empanada

13:30h. Saída de autobuses de volta con percorrido Chanteiro, Ares, Mugardos.

17:00h. Actuación da Banda de Gaitas Ría de Ares.

19:00h. Saída de autobuses de volta con percorrido Chanteiro, Ares, Mugardos.


ORGANIZA:

CONCELLO DE ARES
CONCELLO DE MUGARDOS

- ALFOMBRAS FLORAIS ARES 2018

CORPUS CHRISTI – FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.

3 DE XUÑO.

PRESENTACIÓN
Dende o ano 1986 o Concello de Ares consolídase como unha das localidades do norte galego que con máis entusiasmo popular celebra a festividade do Corpus Christi alfombrando con flores varias rúas da localidade.

No Domingo seguinte ao Xoves de Corpus de Ares faise bo o dito : Tres Xoves hai no ano que relucen máis que o sol: Xoves Santo, Corpus Christi, e o día da Ascensión.

Todo comezou un 2 de Xuño de 1983 cando algunhos veciños colocan na rúa, diante das portas das súas casas, unha mesiña cun xarrro de flores enriba dun pequeno pasillo de espadana, onde faría parada a procesión relixiosa.

Ao ano seguinte manteñen eses detalles e incorporan nunhCORPUS CHRISTI a das rúas un gran Escudo de Galicia feito con flores e algo máis elaborado.

Chegado 1985 xa se confecciona un pequeno tramo da alfombra floral entre dúas casas da mesma rúa, con debuxos e cenefas, sendo ao ano seguinte cando comeza a cubrirse con este arte efémero toda a lonxitude actual.

En 1992 a organización desta celebración toma carácter oficial coa creación da Asociación Alfombra Floral de Ares, subdividida en sete tramos que se reducen a 6 no ano 1997
ao unificarse dous existentes. A superficie, cuberta é de 1000m de longo por 3 de ancho á que hai que engadir os motivos que cubren varias das prazas do percorrido.

Calcúlase que cada ano utilízase ao redor de 15 toneladas de verde e flor. Dende 2011 ESTÁ DECLARADA FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.

ORGANIZA: Asociación Alfombra Floral de Ares.

COLABORAN:
* CONCELLO DE ARES.
* DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
* //ABANCA.
* XUNTA DE GALICIA.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares