Este apartado está destinado a que os veciños e veciñas de Ares poidan falar das súas inquietudes co Alcalde.
O servizo ponse en marcha dunha maneira máis directa, co fin de axilizar e mellorar o contacto do Alcalde cos cidadáns, preservando e garantindo a confidencialidade de alguhas preguntas cuxa resposta non se fará pública, e o interese xeral das que polo seu contido teñan que ter publicidade.
O alcalde porase en contacto directamente cos veciños e veciñas por vía telefónica ou mail persoal.
O sistema permite que os veciños e veciñas formulen preguntas, opinións ou denuncias previo rexistro dos seguintes datos persoais:
Autor | Parada Bus Escolar en Os Galgos |
---|---|
Roberto Candal 11/12/2017 |
Bos dias, Levamos reclamando a reposición da marquesina da parada do bus que está na recta dos Galgos dende o pasado mes de outubro. Xa falamos con Urbanismo e sempre tomaron nota.....pero hoxe 11 de decembro os rapaces tivemon que marchar mollados para a escola. Acábasenos a paciencia. Bo dÃa https://twitter.com/rcf7303/status/916354385785098245 |
Fala có Alcalde | |
Ola Roberto: A marquesiña que indica depende das obras que se están a executar na estrada. Lamentamos as molestias que lles poidan estar ocasionando o trascurso dos traballos. Unha vez a situación o permita será colocada na maior brevidade. Un saúdo. |