Este apartado está destinado a que os veciños e veciñas de Ares poidan falar das súas inquietudes co Alcalde.
O servizo ponse en marcha dunha maneira máis directa, co fin de axilizar e mellorar o contacto do Alcalde cos cidadáns, preservando e garantindo a confidencialidade de alguhas preguntas cuxa resposta non se fará pública, e o interese xeral das que polo seu contido teñan que ter publicidade.
O alcalde porase en contacto directamente cos veciños e veciñas por vía telefónica ou mail persoal.
O sistema permite que os veciños e veciñas formulen preguntas, opinións ou denuncias previo rexistro dos seguintes datos persoais:
Autor | Camiño Montefaro |
---|---|
Xulio Doval 10/12/2017 |
Boas, me gustaria saber se se estudou a forma de facer os accesos a Montefaro-Santa Catalina tales como a dirección única (excepto veciños), formas de reducir a velocidade (tanto de coches como bicicletas), etc. Non entendo como a día de hoxe non houbo accidentes graves tanto de coches como peóns (non fai falta dicir que non hai beirarrúas) e lembrar que os nenos soben e baixan ao parque. Un saúdo. |
Fala có Alcalde | |
Ola Xulio: Tal e como vostede indica, establecer unha dirección única perxudicaría aos veciños que residen durante todo a ano xa que habería que desviar o tráfico e en canto á velocidade hai señais que a limitan, pero recoñezo que ten razón no seu plantexamento. Tasladaremos esta cuestión á policía municipal para estudar as posibles actuacións a levar a cabo. Moitas grazas pola súa participación, Un saúdo |