Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 27 de Setembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O prazo de inscripción do complexo acuático do Castro comeza mañá en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00
21 Marzo 2011 15:23
Os alcaldes de Ares, Julio Iglesias, e Mugardos, Xosé Fernández Barcia, presentaron esta mañá as que, como aseguraron, constitúen as máis modernas e completas instalacións acuáticas da zona. Nun percorrido polo chamado complexo acuático do Castro, que compartirán os dous municipios e que será xestionado pola empresa Serviocio, os rexedores animaron aos veciños e veciñas de Ares e Mugardos a inscribirse dende mañá mesmo nestas instalacións, que contan coa piscina, un completo ximnasio e un centro de recuperación –spa- e que poderán acoller ata 900 abonados.
Os alcaldes destacaron tamén os prezos competitivos e asequibles –coa posibilidade de bonos familiares- das instalacións deportivas, aspecto que ten unha especial importancia en tempos de crise económica como o actual.
O horario de apertura do complexo, que xa funcionará a pleno rendemento dende o día 1 de abril, será de 08.00 a 13.30 e de 16.00 a 22.30, de luns a venres, e de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, os sábados. Os domingos e festivos tamén abrirá, aínda que unicamente en horario de mañá: de 10.00 a 14.00 horas.



TARIFAS DO COMPLEXO
Segundo explicaron os responsables de Serviocio, estableceranse tres tipos de usuarios do complexo: abonados -que teñen acceso a todos os espazos sen límite de tempo, ademais dun desconto do 50% no prezo dos cursos de natación, e pagarán unha cota de 25 euros ao mes, se é maior de 14 anos; de 16 se son entre 18 e 24 anos; de 12 euros no caso dos usuarios infantís e 32 no caso do bono familiar-; cursillista –os que estean inscritos nalgún curso dirixido por un monitor, que inicialmente poderán facer uso das instalacións durante o tempo que dure a clase- e entradas libres. Estas últimas son entradas puntuais ao recinto pagando o custe da entrada no momento de acceso á instalación, coa única restricción de uso en función da ocupación. Os prezos serán de 4 euros para a piscina e sala fitness no caso de adultos, e de 2,5 euros para os usuarios infantís. Esta tarifa terá un suplemento de dous euros coa zona spa.
As persoas interesadas en inscribirse no complexo acuático poderán facelo a partires de mañá martes, dirixíndose para iso ás instalacións de Franza en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas –agás este sábado, que non se poderán facer inscripcións polo acto de inauguración deste espazo-. As persoas que se inscriban ao longo desta semana poderán disfrutar de xornadas de portas abertas entre os días 28 e 31 de marzo, estando prevista a apertura oficial das instalacións o día 1 de abril.
Dende Serviocio informaron de que os interesados deberán cubrir unha folla de inscripción cos seus datos persoais e aportando, ademais, o número de conta bancaria para poder domiciliar os cobros. Para incluir aos familiares no abono familiar será imprescindible levar unha fotocopia do libro de familia. No momento de fomalizar a matrícula, haberá que aboar unha cota única, que será de 25 euros para abonados e de 20 para asistentes non abonado, así como a primeira mensualidade –as seguintes xa serán mediante domiciliación bancaria-.
A empresa Serviocio conta con páxina web, na que se poderá facer calquera consulta –www.serviocio.es- e, ademais, creou unha dirección de correo electrónico a disposición de todos os veciños e veciñas –aresmugardos@serviocio.es-.

NOVO SERVIZO DE ARRIVA
Por outra banda, lémbrase que, dende esta mesma xornada, os autobuses de Arriva Noroeste da liña Ferrol-Ares-Mugardos, tal e como anunciaron recentemente en rolda de prensa os responsables da empresa e o alcalde de Ares, deixarán e recollerán aos pasaxeiros na marquesiña que se ubica fronte as instalacións deportivas. Deste xeito, garántese o acceso ao complexo sen ter que atravesar a rotonda, tanto das persoas que van de/a Mugardos como de/a Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares