Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Máis dun cento de escolares de Primaria celebraron hoxe o Día da Árbore coa prantación de oito exemplares no parque Rosalía de Castro
21 Marzo 2011 13:50
Había moitos anos que en Ares non se escoitaba en voces de nenos e nenas o Himno al árbol –si se cantou o pasado mes de decembro, por parte dos integrantes do grupo de goberno e da familia de Federico García Expósito, no acto de inauguración da avenida que leva o seu nome-, polo que a actividade celebrada esta mañá co gallo da conmemoración do Día da Árbore estivo cargada de emotividade. O parque Rosalía de Castro foi o lugar elixido para levar a cabo a prantación de oito exemplares –plátanos, que foron bautizados cos nomes de oito dos escritores galegos máis representativos, como Camilo José Cela, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Anxel Fole, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Castelao-, na que participaron os alumnos e alumnas de 3º, 5º e 6º de Primaria, é dicir, en total máis dun cento de rapaces.
O acto, organizado polo Concello, a ANPA e o propio CPI Conde de Fenosa, desenvolveuse entre as once e as doce da mañá e no mesmo participaron, entre outros, o alcalde, Julio Iglesias, un dos principais impulsores desta iniciativa. Despois da prantación, todos os asistentes –entre eles moitos pais e nais, que aproveitaron a ocasión para ver aos seus fillos participando desta actividade ao aire libre- entonaron, acompañados dun acordeón, o Himno al árbol, composición do recordado Federico García Expósito. Coa canción púxose fin a esta actividade educativa coa que tamén se recupera unha fonda tradición en Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares