Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 18 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O conselleiro de Medio Ambiente garante o financiamento para o saneamento de Chanteiro
17 Octubre 2007 10:56
Importante e productiva. Así podería calificarse a reunión que o alcalde de Ares, Julio Iglesias, mantivo esta mañá en Santiago co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. Segundo explicou o rexedor aresán ao remate do encontro, o titular deste departamento da Xunta garantíu o financiamento das obras de saneamento da parroquia de Chanteiro, a única do municipio que non dispón na actualidade deste servizo. Este anuncio, como subliñou o alcalde socialista, vén a confirmar o compromiso acadado a pasada semana co director de Augas de Galicia, José Luis Romero, que xa adiantara dita inversión.
Neste sentido, Iglesias afirmou que no prazo dun mes o Concello entregará o proxecto á administración autonómica, que asumirá a licitación e a execución dos traballos. Deste xeito, os veciños de Chanteiro disporán de saneamento das augas residuais ao mesmo tempo que a EDAR.
Precisamente a estación depuradora do sur da ría de Ferrol e norte de Ares foi outra das cuestións que ambos responsables políticos abordaron na reunión desta mañá. Así, Julio Iglesias destacou que a actuación da EDAR supón a inversión máis importante das realizadas polo Goberno autonómico en territorio galego e, a este respecto, indicou que nestes momentos acada xa os 88 millóns de euros. Con respecto á tramitación do proxecto e os prazos de execución, a Consellería asegurou que estanse a cumprir as previsións establecidas –xa rematou o prazo de información pública, que rexistrou unicamente oito alegacións-, polo que a nova EDAR estará en servizo antes de que conclúa o prazo dado pola Unión Europeo para que todas as depuradoras de augas residuais estean operativas.
Ademais, Iglesias manifestou que a EDAR e o saneamento de Chanteiro son fundamentais para cumprir a Lei de Protección Medioambiental, que contempla que os municipios que non dispoñan de saneamento non poderán ter Plan Xeral de Ordenación Municipal. Sobre esta cuestión, o alcalde lembrou que o PXOM de Ares está no xulgado, polo que o goberno local terá que redactar outro que, sen o saneamento, non poderá ser aprobado. “Non é só o saneamento, senón que se trata dun proxecto estratégico”, dixo o rexedor socialista, que destacou como aspectos importantes desta actuación o económico e o relativo á sostenibilidade no ámbito do ecoturismo.

HUMIDAL

O humidal da Xunqueira foi abordado na reunión desta mañá e tamén se saldou cun resultado positivo para o Concello. Iglesias indicou que a Consellería de Medio Ambiente asumirá a execución dun proxecto de recuperación deste espazo para o uso e disfrute dos cidadáns. A iniciativa, que ten como unha das súas máximas o respecto ao medio ambiente, contempla a redacción, por parte do Concello, dun proxecto, que se remitirá posteriormente a Medio Ambiente, que se encargará da súa execución.
Esta actuación vai na liña dos trámites iniciados polo goberno local e aprobados polo pleno da corporación, tendentes a incrementar o nivel de protección do humidal.

CONTENERIZACIÓN

Por outra banda, o departamento que dirixe Manuel Vázquez comprometeuse a levar a cabo outro proxecto, neste caso por fases, dos que o alcalde de Ares puxo enriba da mesa. Trátase da contenerización soterrada en diferentes puntos do municipio, que irase facendo un por ano, comezando, como destacou o rexedor, polos máis urxentes. Éstes, segundo Iglesias, son o do Avenida, en Ares, e o da praza do Pedregal, en Redes, polo que serán os primeiros en instalarse.
O titular de Medio Ambiente tamén se mostrou favorable a incrementar o número de contenedores convencionais –verdes e amarelos- nas praias e na zona rural do municipio. A este respecto, o alcalde presentoulle un proxecto valorado nuns 27.000 euros.
Para Julio Iglesias, o encontro de hoxe e, sobre todo, os compromisos acadados, teñen unha vital importancia para Ares, xa que ditos acordos satisfarán algunhas das demandas “históricas” dos veciños, como o saneamento de Chanteiro ou o soterramento dalgúns contenedores, que evitarán molestias e acabarán co feísmo que provocan nestas zonas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares