Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Alcaldía denuncia que a mesma persoa que se nega a ampliar o CPI Conde de Fenosa -Diego Calvo- sexa a mesma que acudiu a Ares para presentar a Cendán
01 Marzo 2011 10:44
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acusou ao Partido Popular de practicar un “doble xogo, o institucional e o electoral”, e, nomeadamente, denunciou que “a mesma persoa que se está a negar sistematicamente a ampliar o CPI Conde de Fenosa e que está permitindo que os nenos e nenas do segundo ciclo de Infantil estean recibindo as súas clases en sotos enreixados, sexa a que veña a Ares a presentar ao candidato do Partido Popular, Manuel Cendán”. Refírese o rexedor socialista ao delegado territorial, Diego Calvo, a persoa coa que o alcalde se ten reunido en numerosas ocasións para reclamar a ampliación do centro escolar e a que está negando esta infraestrutura, vital para os veciños e veciñas deste municipio, fundamentalmente dos máis pequenos.
Para Iglesias, resulta especialmente grave que Calvo faga de “mestre de cerimonias” do cabeza de lista do PP de Ares cando é un dos municipios nos que está a amosar a maior ineficacia e cando a tomadura de pelo, con respecto, sobre todo ao Conde de Fenosa, é “total e absoluta”. Iglesias considera que este é un exemplo claro do “respecto” e “consideración” que o Partido Popular tenlle á cidadanía, nomeadamente á de Ares, e pide aos conservadores que se teñen pensado seguir con esta dinámica de doble xogo, polo menos traian boas novas relativas a este compromiso que teñen co pobo aresán e que, a día de hoxe, non están cumprindo nin de lonxe.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares