Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 19 de Setembro de 2014
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2014
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MANUEL REBON 2014

VERANEARES 2014

Campus diego rivas 2014

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O telecentro sitúa ao Concello de Ares na vangarda das novas tecnoloxías nesta comarca
28 Febreiro 2011 14:01
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, inaugurou esta mesma mañá o Telecentro, que se ubica no baixo da Casa da Xuventude e vén situar ao municipio á vangarda das novas tecnoloxías nesta comarca. Precisamente a esta circunstancia referiuse o rexedor socialista, que neste acto destacou o elevado nivel tecnolóxico acadado polo municipio gracias a este centro, que conta con 12 ordenadores e unha capacidade de realización de cursos para 24 persoas.
O telecentro permitirá, como explicou o rexedor, impartir os cursos que xa viña facendo a administración local e, ademais, aqueles promovidos pola rede CeMIT, á que se integrou recentemente o Concello de Ares e que consisten en seminarios de alfabetización dixital, formación avanzada de profesionais TIC e formación multimedia e audiovisual. Para recibir ditos cursos, o centro dispón dos medios máis modernos e avanzados; entre eles, un equipo que, integrado no programa TIC TAC, está adaptado para o uso por parte de persoas con calquera tipo de discapacidade, aspecto este último que foi subliñado por Iglesias.
Á posta en marcha deste Telecentro súmase ao Aula de Informática que xa viña funcionando, financiada neste caso pola Deputación, que ata hai uns meses estaba ubicada na avenida Federico García Expósito e que agora, tamén na Casa da Xuventude, permite conectarse a Internet e traballar de balde nos seis equipos de que dispón.
O Telecentro comezará a funcionar dun xeito inmediato –nomeadamente o que se refire á rede CeMIT-, estando previsto, como indicaron dende os servizos informáticos do Concello, que os cursos promovidos pola administración local se inicien, como moi tarde, a mediados do vindeiro mes de marzo.

PROTOCOLOS DE COLABORACIÓN
Precisamente a principios deste mes de febreiro, o rexedor socialista asinaba os protocolos de colaboración para a dotación e posta en funcionamento do Telecentro de Comunicación situado nunha das salas da Casa da Xuventude e para a súa adhesión á rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnológica) da Xunta de Galicia. Por parte da Administración galega, foi o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, o que, unha vez que o rexedor cumpriu con estes trámites, fixo o propio.
O convenio marcaba as liñas de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e o Concello. Así, este departamento autonómico colabora coa dotación e instalación dos equipos audiovisuais e multimedia e o seu mantemento tecnolóxico –a anterior Secretaría de Comunicación de Presidencia da Xunta investiu arredor de 100.000 euros na dotación do equipamento necesario-, ademais de incorporar ao Concello de Ares á rede de telecentros de comunicación, asegurando que se beneficie dos programas formativos e outros eventos que a Secretaría organice. Pola súa banda, o Concello de Ares pon a disposición deste proxecto tecnolóxico un local no que desenvolver as actividades, que ten unha superficie de 56 metros cadrados sen barreiras para persoas con mobilidade reducida, así como para asumir dentro dos orzamentos municipais os gastos de acondicionamento e mantemento ordinario e apertura ao público. Ademais, a administración local nomeará a unha persoa, denominada Axente TIC, responsable deste telecentro, que actuará de intermediario coa Secretaría e que se encargará de dinamizalo.
Os obxectivos da rede CeMIT na que se integra o telecentro de Ares son os de promover o uso das novas tecnoloxías na poboación (especialmente naqueles colectivos nos que existe unha maior brecha dixital); fomentar a formación entre os profesionais galegos para que sexan capaces de dar resposta ás necesidades, retos e proxectos dos diversos sectores do texido produtivo relacionados coas TIC; proporcionar plans formativos axeitados ás novas demandas tecnolóxicas, multimedia e audiovisuais; dinamizar as pemes e micropemes, amosándolles as ventaxas de fomentar o uso das TIC no tecido empresarial, e divulgar e capacitar os servizos da administración electrónica.
O Telecentro de Ares, que dará cobertura a toda esta zona, dispón de 12 postos e unha capacidade para vinte persoas, ademais de contar cos máis avanzados medios tecnolóxicos –pantallas, proxectores, mesa de mesturas, etc.- que permitirá, por poñer un exemplo, que as ponencias ou clases que así o contemplen poidan ser impartidas a través de videoconferencia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares