Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O xefe da demarcación de Costas percorrerá mañá a vila de Redes e or areais do municipio aresán
17 Octubre 2007 10:53
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, recibirá mañá na Casa Consistorial ao xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil. A chegada está prevista para as 11.00 horas e, despois dun breve encontro co rexedor e cos medios de comunicación, os responsables políticos farán un percorrido polo municipio para coñecer in situ algúns dos proxectos previstos para o litoral e outros que Iglesias plantexará con vistas a que se poidan executar.
Así, o alcalde socialista e o xefe da Demarcación de Costas visitarán Redes, vila na que se levará a cabo unha actuación do Ministerio de Medio Ambiente consistente no empedrado da rúa Nova e a praza do Pedregal, así como a urbanización do aparcadoiro. Ademais, a intervención, que unicamente está pendente da súa aprobación por parte do Consello de Ministros, contempla a recuperación do castelo de Redes, trasladando a sede do Club de Remo –entidade que na actualidade ocupa a atalaia- a un espazo próximo de nova construcción. Estes traballos suporán un desembolso de máis de 1,5 millóns de euros.
Eimil e Iglesias tamén farán un percorrido polos areais dos municipios, co obxectivo de de instalar outros accesos aos mesmos, similares aos das praias da vila de Ares.
Outro dos lugares que visitarán os responsables políticos é Chanteiro, xa que para esta parroquia hai dúas intervencións comprometidas recentemente por Costas. A primeira, que se executará pola vía de urxencia, pasa por arranxar o lateral da estrada da Praia Pequena, que bordea a costa a unha altura considerable e que, pola forza do mar e a erosión, está a perder parte da anchura da calzada, mentres que a segunda corresponde a un proxecto integral, solicitado por Julio Iglesias, de adecuación do litoral na praia de Chanteiro. Neste caso, consiste no saneamento do contorno do areal, a construcción dun aparcadoiro público e a adecuación dos accesos. Ademais, desta praia partirá un paseo peonil polo litoral, que rematará na zona da Coitelada e que pasará polo camiño da Praia Pequena –o que agora se vai reparar-.

Un saúdo


AVISO PARA OS MEDIOS: Os medios interesados poderán sacar imaxes da visita, que comezará ás 11.00 na Casa do Concello –avenida Saavedra Meneses, nº 12-. As declaracións realizaranse antes do inicio do percorrido no propio Consistorio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares