Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 26 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local acadou investimentos que superan os 90 millóns de euros, máis de catro veces os orzamentos de todo o mandato
22 Febreiro 2011 10:40
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, compareceu esta mañá en rolda de prensa para facer balance do presente mandato e, nomeadamente, para presentar os trípticos que o Concello vén de editar coas principais actuacións promovidas polo goberno social nas diferentes concellarías. Son, como explicou o rexedor socialista, as 73 principais intervencións –existen moitas máis que non se contemplan no tríptico polas evidentes limitacións de espacio- cos seus respectivos investimentos e a súa ubicación nun mapa do territorio do municipio diferenciado por parroquias.
A este respecto, Iglesias manifestou que o obxectivo desta iniciativa non é outro que o de “transmitir o que xestionamos neste mandato e cómo o xestionamos, plasmándoo no territorio do concello”. O alcalde destacou, por unha banda, o alto nivel de financiamento, que supuxo nin máis nin menos que multiplicar por máis de catro a contía dos orzamentos municipais de todo o mandato –cinco millóns de orzamento local en cada ano supón vinte millóns no mandato- acadando un investimento total nestes catro anos superior aos 90 millóns de euros-. Pero, ademais, o rexedor subliñou outro importante feito, fundamental nestes momentos de crise e de grande limitación nos recursos económicos: e é que destes máis de 90 millóns de investimento, arredor dun 95% foi con custe cero para as arcas municipais. Isto, como dixo o propio rexedor, significa que “conseguimos financiar ao 100% a práctica totalidade das obras, correspondendo a aportación municipal, fundamentalmente, ás actuacións do POS da Deputación”.
Iglesias fixo un percorrido polas intervencións que considera máis importantes das executadas ao longo destes case catro anos de mandato, se ben puntualizou que todas e cada unha destas 73 obras –así como das que non se incluiron no tríptico- teñen a súa valoración por parte dos seus beneficiarios. O saneamento e abastecemento en Chanteiro e no Alto de Simou e o abastecemento de Cervás, cun investimento de máis de dos millóns de euros para “infraestruturas básicas”, son “fundamentais para o ámbito rural e respostan a unha demanda principal destas zonas”. Neste eido súmase a EDAR, obra que, como lembrou Iglesias, resolveu este goberno local –estaba parada polos anteriores responsables municipais do PP-, que a está a xestionar a pesares das súas dificultades, pero que, como destacou, supón unha “bondade en sí mesma” pola importancia que terá para a pesca como actividade produtiva e o turismo, como un dos pilares económicos do municipio.
No ámbito urbán, o alcalde fixo fincapé na “rehabilitación radical” que experimentou Redes –Area Morta, praza do Pedregal, acceso á praia, novo Club Marítimo, aparcadoiro ou urbanización das principais rúas- e as importantes obras de urbanización e humanización feitas no casco urbán de Ares –praza da Igrexa, rúa dos Ánxeles, rúa María, avenida Federico García Expósito, etc.-.
Iglesias también quixo subliñar a creación de novas infraestruras de servizos que dan resposta á demanda veciñal, e que en moitos dos casos xa están en funcionamento ou a piques de estalo. Este é o caso da Casa da Xuventude, reclamada polos máis mozos do municipio; a escola infantil, solicitada polas mamás e papás; o centro de día, pedida polas familias; ou o centro de saúde, reclamado por todos os veciños e pendente da súa inminente licitación por parte da Consellería de Sanidade. “E todo sen descuidar melloras xerais, como o asfaltado de numerosos camiños, os accesos ás praias, a potenciación do deporte coa execución da primeira fase da cidade deportiva, ou a adquisición de diversa maquinaria que nos permite dedicarnos os 365 días do ano a planificar e desenvolver accións concretas no municipio”, explicou o rexedor socialista.
“Hoxe, todo iso é unha realidade”, asegurou Julio Iglesias, que engadiu que o goberno local segue traballando noutros obxectivos que considera prioritarios, como a construcción dun novo cemiterio, para o que, grazas tamén á colaboración da Igrexa, o Concello xa dispón dunha parcela duns 10.000 metros cadrados en Campo do Portal (entre Lubre e Cervás) e na actualidade está a realizar o proxecto; ou o vial entre Ares e Chanteiro, que xa ten un orzamento de dous millóns de euros aprobados pola Deputación, pero que non se poderá executar ata que estean rematadas as obras da EDAR.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares