Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 21 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello centra no domingo e o mércores de Cinza os actos principais do seu Entroido
18 Febreiro 2011 11:58
O domingo e o mércores de Cinza centrarán as actividades programadas polo grupo de goberno para celebrar o Entroido, unhas datas que no municipio de Ares vívense dun xeito especial e, de feito, o mércores, día 9, é unha das dúas festas locais deste ano.
Na comisión informativa de Cultura de hoxe deuse conta do programa de actos, que comezarán o domingo 6 de marzo cun desfile de comparsas a cargo de Troupele, A Revolta, os nenos de Lola e unha comparsa de Ares. Dito desfile, que irá acompañado polos veciños e veciñas disfrazados e animación en xeral, iniciarase ás 17.15 horas dende a Porta do Sol e chegará á praza da Constitución. Unha hora máis tarde, xa na praza da Constitución, as comparsas actuarán sobre o escenario, para rematar a xornada cun pasarrúas coas comparsas e as persoas disfrazadas.
Pero, sen dúbida, o “día grande” do Entroido aresán será o Mércores de Cinza, declarado pola corporación municipal festivo local. A xornada festiva deste 9 de marzo comezará ás cinco da tarde, co desfile dos entroidos que participen no concurso, un pasarrúas e animación, que, como o domingo de Entroido, partirán da Porta do Sol cara a praza da Constitución.
A este respecto, o goberno de Ares informa de que no Concurso ao Mellor Entroido agasallarase ao máis orixinal dos elaborados para a súa queima. Neste certame poderá participar calquera persoa que o desexe, sempre e cando estea inscrita previamente na biblioteca municipal ou, xa o mesmo día, presentándose antes do percorrido.
Dous animadores e un personaxe de animación serán os encargados de, dende as 17.30, realizar xogos, cancións, bailes, cantaxogos, xogos tradicionais e deportivos, etc., para, ás sete, proceder ao fallo do concurso de entroidos. O mellor entroido recibirá unha cesta de produtos típicos destas datas. Ademais, ao longo da tarde, os veciños e veciñas que queiran poderán disfrutar de chocolate quente e orellas polo prezo popular dun euro.
Esta festa rematará coa tradicional queima dos entroidos, que como todos os anos desenvolverase na praia de Ares. Con este acto, que terá lugar ás oito da tarde, darase por rematado o Entroido do municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares