Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Torre do Reloxo será recuperada en virtude das obras de rehabilitación que comezaron a executarse
15 Febreiro 2011 13:49
A empresa Concifa comezaba estes días os traballos de rehabilitación e restauración da Torre do Reloxo, un dos elementos arquitectónicos máis representativos da vila de Ares. Os traballos, que contan cun prazo de execución de tres meses e un orzamento de algo máis de 50.000 euros, respostan a o convenio de colaboración asinado polo Concello e a Dirección Xeral de Patrimonio, que por fin ve a luz.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, mostrouse satisfeito polo inicio doutra nova obra no municipio; unha actuación demandada pola Alcaldía dende hai tempo e pola que se recuperará un ben inventariado por Patrimonio Cultural que data do século XVII.
As actuacións que agora se están a levar a cabo teñen como principal obxectivo a reparación das patoloxías que presenta esta peza de titularidade municipal –aínda que está adosada á igrexa de San José, é propiedade do Concello-. Para isto, desenvolveranse traballos de limpeza da cantería exterior e dos parámetros pintados e posterior acabado dos mesmos con pintura so silicato; restauración de canterías dandas reitengrando o volume perdido; eliminación de encintados en relevo e novo encintado de cantería; apertura dos ocos orixinais pechados no corpo superior da torre e colocación de peches de vidro de seguridade nos ocos abertos; limpeza e restauración dos elementos metálicos; restauración da porta de entrada e dos elementos decorados; impermeabilización da terraza superior; limpeza das paredes interiores da torre; reparación de revocos existentes; reparación e restauración dos forxados de hormigón; e restauración das paredes de pedra. As obras tamén inclúen a construcción dun zócalo de revoco de morteiro no perímetro da escaleira de acceso; dunha nova porta de acceso á terraza superior e unha nova escaleira de acceso para o mantemento; a construcción dun pasamán metálico na escaleira e dunha nova caixa de protección da maquinaria do reloxo.
Precisamente o reloxo foi reparado por este goberno municipal ao principio do presente mandato, despois de que estivera sen funcionar durante moitos anos por un problema na súa maquinaria. Despois de realizar este arranxo, o equipo que dirixe o socialista Julio Iglesias iniciou as negociacións pertinentes ante a Dirección Xeral de Patrimonio para poder executar un proxecto de rehabilitación desta torre, froito dunha decisión veciñal, coas súas autoridades ao fronte, hai máis de trescentos anos.
O convenio de rehabilitación, que atravesou por varios contratempos ao longo destes dous últimos anos, veu por fin a luz e, en cuestión de tres meses, os veciños poderán disfrutar dun dos elementos arquitectónicos máis emblemáticos do Concello e, nomeadamente, dunha praza que neste mandato foi obxecto dunha das máis ambiciosas obras, como foi a da súa urbanización integral. Ao investimento de máis de medio millón de euros nesta praza da Igrexa en virtude destas obras de urbanización, engádense agora os 50.000 que se destinarán á recuperación desta torre.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares