Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 21 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A empresa CRC comezou as obras da estrada AC-123, que conectará co complexo acuático
10 Febreiro 2011 10:37
A empresa CRC Obras y Servicios, S.L. comezou os traballos de mellora e construcción dunha senda peonil na AC-123, estrada que une Ares e Mugardos, e que conectará co complexo acuático que compartirán os dous municipios e que entrará en funcionamento a mediados do vindeiro mes de marzo –unha vez que a xestión das instalacións foi adxudicada á empresa Serviocio-. As máquinas levan varios días traballando no primeiro tramo da estrada, na parte máis próxima á rotonda de Franza, e regulando o tráfico a través de semáforos provisionais, o que garante o correcto desenvolvemento das obras e do tránsito de vehículos.
Esta actuación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten un prazo de execución de oito meses e suporá un investimento de 1.160.580 euros, cantidade na que foi adxudicada a intervención –o orzamento de licitación era de 1.299.644,55 euros-..
Como subliñou o alcalde, Julio Iglesias, trátase dunhas obras de grande importancia, xa que non só mellorarán as deficiencias deste vial –en mal estado e cun elevado índice de siniestralidade-, senón que tamén facilitará o acceso ao complexo acuático de Ares e Mugardos, tanto para os vehículos como para os peóns, xa que o proxecto en execución contempla unha senda peonil.
Así mesmo, lembrou as moitas negociacións e iniciativas promovidas polo propio rexedor necesarias para acadar o compromiso da Xunta con respecto a esta actuación. Neste sentido, hai que lembrar que durante máis dun ano –concretamente dende o cambio de Goberno na Xunta, posto que o proxecto fora realizado e aprobado polos responsables autonómicos socialistas-, o alcalde fixo numerosas xestións co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, tanto a través de entrevistas en Santiago como mediante escritos, subliñando sempre a necesidade de desenvolver estas obras –e que éstas se axustasen ao proxecto inicial- nesta estrada.
A esta labor promovida polo rexedor, hai que engadir a iniciativa parlamentaria presentada no seu día pola deputada socialista Beatriz Sestayo a instancias desta Alcaldía, na que esixía a execución inmediata da mellora desta estrada.
Finalmente, o pasado 27 de abril Iglesias recibía un escrito asinado por Agustín Hernández dando resposta a unha carta remitida polo propio alcalde de Ares o 18 de decembro de 2009 na que este último mostraba a súa inquedanza pola realización do proxecto. No escrito do conselleiro, confirmábase a aprobación, por parte do Consello da Xunta do 22 de abril de 2010, do Decreto de expropiación para a execución do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada AC-123.
E, finalmente, foi en agosto de 2010 cando adxudicábase á empresa CRC Obras y Servicios, S.L. dita actuación, que poderá estar rematada neste mesmo ano 2011.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares