Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 23 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde asina os protocolos de colaboración para a posta en funcionamento do Telecentro e a súa adhesión á rede CeMIT da Xunta de Galicia
07 Febreiro 2011 13:59
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, asinou esta mesma mañá os protocolos de colaboración para a dotación e posta en funcionamento do Telecentro de Comunicación situado nunha das salas da Casa da Xuventude e para a súa adhesión á rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnológica) da Xunta de Galicia. Por parte da Administración galega, será o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, o que, unha vez que o rexedor cumpriu con estes trámites, faga o propio dun xeito inminente. A continuación, técnicos da Xunta desprazaranse ao Telecentro –posiblemente este mesmo venres- para ultimar os asuntos pendentes, como a configuración dos equipos, o que dará vía libre para a posta en funcionamento das instalacións.
A través deste convenio, márcanse as liñas de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e o Concello. Así, este departamento autonómico colabora coa dotación e instalación dos equipos audiovisuais e multimedia e o seu mantemento tecnolóxico –a anterior Secretaría de Comunicación de Presidencia da Xunta investiu arredor de 100.000 euros na dotación do equipamento necesario-, ademais de incorporar ao Concello de Ares á rede de telecentros de comunicación, asegurando que se beneficie dos programas formativos e outros eventos que a Secretaría organice. Pola súa banda, o Concello de Ares pon a disposición deste proxecto tecnolóxico un local no que desenvolver as actividades, que ten unha superficie de 56 metros cadrados sen barreiras para persoas con mobilidade reducida, así como para asumir dentro dos orzamentos municipais os gastos de acondicionamento e mantemento ordinario e apertura ao público. Ademais, a administración local nomeará a unha persoa, denominada Axente TIC, responsable deste telecentro, que actuará de intermediario coa Secretaría e que se encargará de dinamizalo.
Os obxectivos da rede CeMIT na que se integra o telecentro de Ares son os de promover o uso das novas tecnoloxías na poboación (especialmente naqueles colectivos nos que existe unha maior brecha dixital); fomentar a formación entre os profesionais galegos para que sexan capaces de dar resposta ás necesidades, retos e proxectos dos diversos sectores do texido produtivo relacionados coas TIC; proporcionar plans formativos axeitados ás novas demandas tecnolóxicas, multimedia e audiovisuais; dinamizar as pemes e micropemes, amosándolles as ventaxas de fomentar o uso das TIC no tecido empresarial, e divulgar e capacitar os servizos da administración electrónica.
O Telecentro de Ares, que dará cobertura a toda esta zona, dispón de 12 postos e unha capacidade para vinte persoas, ademais de contar cos máis avanzados medios tecnolóxicos –pantallas, proxectores, mesa de mesturas, etc.- que permitirá, por poñer un exemplo, que as ponencias ou clases que así o contemplen poidan ser impartidas a través de videoconferencia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares