Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Goberno local executou nestes anos diversas accións para desestacionalizar o turismo e convertilo no motor económico de Ares
07 Febreiro 2011 11:02
Consolidar o turismo como principal motor económico do municipio durante todo o ano e non reducilo unicamente aos meses de verán. Este é un dos obxectivos marcados dende o inicio do presente mandato polo actual equipo de goberno que dirixe o socialista Julio Iglesias que, pasados máis de tres anos, pode constatar o traballo realizado neste eido coas cifras, actuacións e proxectos desenvolvidos..
Cun máis que notable esforzo investidor e, sobre todo, coa captación de recursos económicos do resto de administracións públicas, os responsables municipais foron quen de poñer en marcha algunhas iniciativas cun efecto positivo non só no curto prazo, senón tamén cunha importante repercusión económica no futuro.
A este respecto, hai que citar a instalación du miradoiro na batería de A Bailadora e a rehabilitación dun dos edificios principais deste conxunto militar xa restaurado previamente polo Obradoiro de Emprego, para a súa posta en valor e creación dun centro de interpretación e punto de referencia para a práctica de deportes como BTT, sendeirismo ou hípica. Dita actuación, que ascendeu a 144.000 euros, foi financiada polo Plan de Dinamización Turística da Deputación, que tamén puxo en marcha en Ares, neste caso cun investimento de 44.000 euros, o servizo de aluguer de bicicletas BicicletAres –que vai para tres anos de funcionamento- e instalou a caseta de información turística no parque Rosalía de Castro.
Tamén directamente vencellado ao turismo está a próxima posta en funcionamento dun picadeiro en Montefaro, executado con cargo a unha subvención da Secretaría Xeral para o Turismo de 58.800 euros, e a creación dun Aula de mar a flote, gracias á concesión de máis de 105.000 euros por parte da Consellería do Mar, cos que se está rehabilitando un barco pesqueiro cedido ao Concello polo mariñeiro Currás. Esta embarcación, entre outras funcións educativas e no eido do mar, ofrecerá rutas turísticas pola ría e entre localidades do entorno.
A presenza no 2010 na principal feira de turismo a nivel estatal como é FITUR, neste caso gracias fundamentalmente á iniciativa privada –algúns dos constructores e hostaleiros financiaron a maior parte do gasto derivado da instalación dun stand propio en dita feira, pola que pasaron máis de 6.000 persoas-, a realización e posta en funcionamento dunha web específica de promoción turística do municipio (www.turismodeares.com), ou o desenvolmento da campaña Vive Ares en varias localidades de Castela-León –o investimento foi de 15.000 euros, dos que 12.000 foron aportados pola Consellería de Traballo-, son outros exemplos claros do esforzo levado a cabo polo equipo socialista para potenciar o turismo e convertir a Ares nun municipio idóneo e atractivo para fixar a segunda residencia.
A implicación do goberno local coas entidades e diferentes sectores do municipio quedou plasmada con esta e outras iniciativas, como a realización da Festa da Xiba, da Festa do Percebe ou da Festa do Ourizo. Estas accións non pretenden unicamente impulsar o turismo, senón que tamén buscan a recuperación de tradicións. Outros exemplos neste eido son a colaboración do Concello no concurso de pinchos, organizado por Asemares –Asociación de Empresarios de Ares- ou, o concurso de decoración de balcóns, co que os responsables locais pretendían retomar un costume, como é o de adornar os típicos balcóns da vila con flores.
Con respecto a este último punto, ao certame de decoración hai que engadir o empeño do grupo de goberno por manter esta tradición así como outra festa vencellada directamente coas flores: a celebración do Corpus e a elaboración das alfombras, para a que o Concello está a tramitar ante a Xunta a declaración de Festa de Interese Turístico Rexional. Ademais, as dúas iniciativas terán un importante impulso en virtude do segundo obradoiro de emprego que se está desenvolvendo na actualidade no Concello, xa que unha das actuacións previstas é a instalación de invernadoiros para o cultivo de flores e prantas que serán utilizadas para as alfombras e os balcóns, entre outros futuros e posibles usos.

252.000 EUROS EN SANTA CATALINA
E non se pode falar do turismo en Ares sen facer unha mención especial a Santa Catalina. No mosteiro, cuxa cesión ao Concello fora retirada por Defensa ao anterior alcalde, o “popular” José Manuel Cendán, por non cumprir coas obrigas municipais de manter o cenobio, investíronse nestes tres anos máis de 252.000 euros, unha vez que o actual rexedor acadou de novo a cesión das instalacións militares por parte do Ministerio.
En concreto, o goberno aresán acadou de Patrimonio durante o Bipartito varios investimentos, entre os que destacan os 60.000 euros para a execución de obras de urxencia, os 81.000 do Plan Director do mosteiro, e os 58.000 da redacción do anteproxecto de rehabilitación. A esta partida hai que sumar o esforzo realizado polo Concello para o mantemento das instalacións e os traballos desenvolvidos durante o primeiro obradoiro de emprego Insert@res, centrados na recuperación dalgunha das estancias do cenobio.
Non menos importantes son as xestións do alcalde, Julio Iglesias, neste período, encamiñadas a rehabilitar integramente o mosteiro e para lograr a implicación pública e privada neste obxectivo: o de converter Santa Catalina nun hotel monumento. A día de hoxe, existe o compromiso de Fomento de adicar o 1% cultural a esta actuación, que precisaría do investimento complementario da Xunta para poder facelo. En concreto, sería 1,6 millóns de Fomento e 560.000 euros do Goberno autonómico, que semella que non está polo labor, a pesares do compromiso explícito do Executivo de Zapatero a asumir dito investimento e da existencia dun importante grupo hoteleiro galego, entre outras alternativas reais, para crear un complexo nas condicións plantexadas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares