Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello agradece a un grupo de noruegueses, australianos e ingleses a súa colaboración altruista cos alumnos do curso de Inglés
04 Febreiro 2011 10:59
Os 22 alumnos que acuden cada martes e xoves ás clases de inglés para adultos que organiza o Concello de Ares –once son do grupo de Iniciación e outros tantos están inscritos ao de Perfeccionamento- quixeron rendir homenaxe a unha serie de persoas procedentes de Noruega e Australia –residentes neste municipio pola construcción de fragatas por parte de Navantia para os dous países-, así como un inglés que vive na vila, que veñen colaborando dende hai tempo dun xeito altruista con todos eles. Así o explicou a profesora de inglés, Amelia Sordo, que tamén quixo agradecer publicamente a estas persoas a dedicación totalmente desinteresada das catro noruegueses doutras tantas familias que xa marcharon, dúas mulleres que aínda están aquí –unha marcha en xullo e outra en decembro-, dúas australianas –unha delas que vive en Ferrol- e un inglés, que acuden a estas clases para falar e contar cousas en inglés relativas á cultura e modo de vida dos seus respectivos países. Deste xeito, explicou Sordo, os alumnos e incluso ela mesma aprenden non só outros acentos, forma de falar e vocabulario específico de cada zona, senón que incrementan o seu nivel cultural.
Por todo isto, o Concello de Ares, que promove as actividades cada ano, tamén quixo sumarse a este agradecemento e, así, o alcalde, Julio Iglesias, acudíu na tarde de onte xoves a unha destas clases nas que os alumnos dos dous niveis –segundo dixo a profesora, a maior parte son mulleres- participaron dun acto, con oferta gastronómica típica incluida, no que Iglesias fixo entrega duns pins institucionais a estas persoas.
“Para nosotros es un todo un lujo”, aseguraron alumnos e profesora en relación á axuda recibida polos extranxeiros que acuden a estas clases. Na mesma liña manifestouse o alcalde, que destacou a máis que notable implicación da comunidade norueguesa e, dende hai un tempo, a australiana –moito menor que a primeira, pero tamén existente no municipio- na vila, coa participación en moitas das iniciativas promovidas polo Concello, como esta de inglés.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares