Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello recibe o proxecto básico do centro de saúde para a súa licitación inmediata
28 Xaneiro 2011 15:16
O Concello de Ares vén de recibir da Dirección de Rercursos Económicos do Sergas (Consellería de Sanidade) o proxecto básico de construcción e a planimetría correspondente da ampliación e reforma do centro de saúde, xa informado favorablemente pola Oficina de Supervisión de Proxectos deste organismo. No escrito que se adxunta ao proxecto, asinado o 18 de xaneiro, infórmase de que está previsto “para a data próxima” o anuncio de contratación da obra, que conta cun orzamento de licitación de 2.302.210,68 euros e un prazo de execución de once meses.
Polo tanto, semella prácticamente inminente a execución dunha infraestrutura prioritaria para os veciños e veciñas de Ares nunha parcela situada no casco urbán da vila. Trátase, como lembrou o alcalde, da parcela na que se ubica o actual centro así como da traseira a ésta (cedida polo Concello á Xunta para poder levar a cabo a obra), tal e como reclamara unánimemente a poboación e o actual equipo de goberno, e en contra da opción plantexada polo PP local de Manuel Cendán, defensor a ultranza de levalo a unha zona moito máis alonxada, en Pedrós, no lugar no que os responsables municipais impulsaron unha cidade deportiva
A actuación proxectada suporá a modernización e transformación do actual centro de saúde, xa que multiplicará por dous o espazo de pranta –son as dúas parcelas- e por outros dous o alzado. Así, o proxecto básico contempla soto, baixo, primeiro andar e baixocuberta –ata o de agora ten baixo e primeiro andar-. En total, a superficie construida será de 1.709,4 metros cadrados, quedando como útiles 1.102,4 metros.
Os beneficios non só redundarán no espazo, senón que, ademais, o proxecto recolle todas as necesidades sanitarias, no que a servizos e prestacións se refire, reflexadas no Plan Funcional da Área Sanitaria elaborado durante o Goberno bipartito para o presente e futuro.

PROXECTO
En concreto, e tal e como se desprende do proxecto e os planos aportados polo Sergas, o inmoble incluirá numerosos espazos e servizos. Así, no soto, de 41,20 metros útiles, instalaranse a caldeira da calefacción, os depósitos de gasóleo, o oco para o ascensor e as escaleiras.
O baixo, que terá unha superficie útil de 615,20 metros cadrados, incorporará catro despachos de médicos e outros tantos de enfermaría, un arquivo, unha sala polivalente, outra de toma de mostras (analíticas e similares), un despacho de administración, salas de espera para cada un destes servizos, recepción e un vestíbulo con corredor.
En canto ao primeiro andar, serán 416 metros cadrados sobre os que se actuará, contando este espazo cunha biblioteca, unha sala de educación da saúde, uns almacéns, unha consulta de pediatría coa súa respectiva sala de espera, unha consulta para a matrona, aseos e vestiarios así como un patio de luces.
Finalmente, o baixocuberta terá 30 metros cadrados e albergara un transformador e a maquinaria correspondente dos aparatos de enerxía solar.
O alcalde socialista valorou o esforzo realizado polo equipo de goberno neste mandato para acadar o proxecto e manter o compromiso da Xunta, unha vez que se se produxo o cambio de Goberno, acerca da prioridade da intervención, así como puxo de manifesto todas as xestións levadas a cabo polo Concello, como a cesión da parcela para poder executar a ampliación, ou a celeridade en toda a tramitación requerida ao longo do proceso por parte da administración autonómica.
Agora, Iglesias confía en que Sanidade, como a súa titular, Pilar Farjas, lle asegurara nunha reunión celebrada hai catro meses, licite as obras dun xeito inmediato para que o novo centro de saúde estea operativo á maior brevidade posible. E é que as actuais instalacións resultan cada vez máis insuficientes e deficitarias para unha poboación que cada ano se ve incrementada e que “ten todo o dereito a recibir un servizo sanitario en idénticas condicións que o que reciben os veciños doutros concellos”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares