Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 13 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello achega os parques infantís e biosaúdables a todos os puntos do municipio
26 Xaneiro 2011 13:45
Cun investimento que ronda os 215.000 euros, o grupo de goberno acadou nestes case catro anos de mandato un dos seus puntos do programa electoral: o de achegar a todos os puntos do municipio espazos de xogo e deportes ao aire libre, tanto no que se refire a parques infantís como biosaúdables, estes últimos orientados aos adultos ou, incluso, á terceira idade. Unha boa parte deste investimento –de feito, máis do 60,5% do total- correspóndese con subvencións acadadas polo alcalde, Julio Iglesias, con outras administracións, fundamentalmente coa Deputación Provincial, no caso dos espazos para nenos e nenas, e de Costa Noroeste, no dos parques biosaúdables.
Así, no que se refire a parques infantís, o investimento total foi arredor de 140.000 euros, dos que case 70.000 proceden da institución provincial, que asumía a reforma e ampliación do parque infantil do Rosalía de Castro -52.500 euros-, e de Agader, que aportou 15.000 euros na construcción dun espazo de xogo no CIRS de Cervás. O resto de investimento foi do propio Concello, que participou na instalación de Cervás e realizou as actuacións íntegras dos parques de As Mirandas (zona do Porto) e Chanteiro, así como colocou uns elementos de xogo no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.
En canto aos parques biosaúdables, o equipo de Julio Iglesias tamén fixo un importante esforzo, tanto na proxección deeste espazos, como na procura de subvencións que axudaran ao Concello á súa instalación en diferentes puntos do municipio. A este respecto, hai que subliñar que o investemento neste apartado foi duns 23.000 euros, repartidos no circuito biosaúdable de Ares, que integra dous parques –un no Rosalía e outro no paseo marítimo, á altura do Club de Remo- financiados pola Xunta -3.000 euros- e o Concello –os 12.000 euros restantes da actuación-, e nos de Cervás e Chanteiro. Estes dous últimos espazos, que levan un tempo funcionando e esta mesma mañá foron inaugurados polo rexedor socialista- supuxeron un investimento de arredor de 8.000 euros, aportados por Costa Noroeste –na súa maior parte- e a administración local.
A estes máis de 173.000 euros haberá que sumar en 2011 os case 50.000 euros que se destinarán á instalación dun parque infantil e biosaúdable en Caamouco, concretamente en Redes –xunto ao novo aparcadoiro-. A colocación destes espazos na única parroquia do municipio que non contaba con este tipo de oferta de lecer e deportiva ao aire libre contará coa aportación da Deputación, con máis de 18.500 euros, e de Costa Noroeste, cuns 17.500 euros. O resto incluirase nos orzamentos municipais do presente ano.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares