Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello disporá dun Aula do Mar a Flote, grazas á rehabilitación cunha subvención da Xunta dun barco cedido por un mariñeiro
19 Xaneiro 2011 13:35
Á cada vez máis numerosa e diversificada oferta turística, educativa e de lecer, o Concello de Ares sumará en cuestión de meses outro destacado servizo: a posta en funcionamento dun Aula de mar a flote. Trátase, en concreto, da adecuación do barco coñecido anteriormente como “M. Presas”, orixinariamente propiedade do mariñeiro aresán Currás e dende hai un tempo cedido sen custe algún para as arcas municipais por este pescador ao Concello, que pasará a realizar diversas actividades vencelladas ao turismo, á educación e á investigación.
De feito, na documentación remitida polo grupo de goberno á Consellería do Mar, que é a que asume o custe da rehabilitación –valorada en máis de 100.000 euros- en virtude dunha subvención concedida a finais de 2010, especifícanse as principais actividades que se desenvolverán neste Aula do Mar a Flote. Rutas turísticas pola ría; excursións a diferentes concellos da ría; realización de rutas con escolares; oferta de ceas con servizos de catering; realización, a través de convenios coa Confraría de Pescadores de Ares, de cursos e charlas formativas; a introducción en Tour Galicia, co que isto conleva para o turismo da zona; e a súa posta a disposición a investigadores e para calquera estudo mariño son as principais utilidades para as que está dirixido un proxecto que xa se empezou a executar.
E é que, unha vez recibida a confirmación da subvención de máis de 100.000 euros da Xunta de Galicia –o Concello amparouse na Orde do 20 de outubro de 2008 a través da que se conceden axudas a proxectos de transformación de buques pesqueiros para a súa reconversión con fins de formación ou investigación no sector pesqueiro ou para actividades diferentes á pesca, como é o caso do “M. Presas”-, o Concello levou a cabo a primeira fase da obra, a correspondente á anualidade de 2010 –a partida dividiuse en dúas anualidades: 2010 e 2011-, consistente na execución das obras máis urxentes e prioritarias. Para este ano está prevista a realización da parte máis importante da reforma e a adecuación do barco aos seus novos usos, agardándose que en novembro a embarcación estea rematada.
O barco ten a clasificación do Grupo 3, clase T, con capacidade para 12 pasaxeiros e unha tripulación de tres persoas.

VALORACIÓN DO ALCALDE
Para o alcalde de Ares, Julio Iglesias, a execución deste proxecto terá unha importante repercusión para o turismo do municipio e a súa diversificación, ao tempo que servirá para potenciar aspectos tales como o de investigación mariña e o apoio, no que á formación se refire, á Confraría de Pescadores da vila. Así mesmo, o rexedor socialista subliñou o feito de que, tanto a propiedade do barco como a rehabilitación do mesmo, non repercuta nas arcas municipais, xa que a embarcación foi cedida de balde polo mariñeiro coñecido como Currás e a reforma da mesma resposta a unha subvención concedida pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
Polo tanto, dixo, a rehabilitación do barco e a súa posta en funcionamento como “Aula de mar a flote” constitúe outro exemplo de investimento acadado polo Goberno local, como é o caso da Casa do Patín –actual Casa da Xuventude-, entre outros moitos, que non afectan á economía da administración local pero que si terá unha consecuencia moi positiva no futuro para o conxunto de veciños e veciñas deste municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares