Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Casa da Xuventude abre mañá as súas portas con horarios atendendo ás idades
03 Xaneiro 2011 10:33
A Casa da Xuventude volverá a abrir ás 17.00 horas de mañá martes as súas portas, despois de permanecer uns días pechada pola realización, por parte do Concello, dunha serie de trámites, entre eles a recopilación de datos e elaboración dos carnés de usuario, necesarios para poder acceder ao inmoble. Aínda que a apertura deste inmoble é, dun xeito habitual, entre as tardes do venres e do domingo, nestas datas, por coincidir coas vacacións de Nadal, a Casa da Xuventude abrirá as súas portas todos os días, ata o día 9, agás o venres (pechará por descanso do persoal que atende estas dependencias municipais) de doce a dúas e de cinco a oito.
Os horarios establecéronse atendendo ás idades, permitindo o acceso a nenos e nenas de 10 a 14 anos os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 horas, e deixando as tardes dos venres, sábados e domingos, entre as 17.00 e as 20.00, para os rapaces de 15 anos en adiante –nestas xornadas os horarios serán idénticos-.
En canto ao acceso, será necesario contar co carné de usuario, polo que os rapaces interesados en acceder a este novo inmoble que aínda non o tramitaran deberán presentar en calquera dos edificios municipais dúas fotos de carné, unha fotocopia do DNI do usuari@ e unha fotocopia do DNI da nai/pai/titor legal no caso de que se trate de menores de idade.
O Concello, a este respecto, informa de que todas as inscripcións son estudadas, procedendo a continuación á notificación por carta do cumprimento, no seu caso, dos requisitos así como informando das normas e acceso de uso.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares