Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 26 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares e o xefe da Demarcación de Costas abordan algúns proxectos que se executarán en Ares
18 Octubre 2007 10:47
O xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, desprazouse esta mañá ata o Concello de Ares, no que é a primeira visita que realiza ao municipio dende que o socialista Julio Iglesias accedeu á Alcaldía. O rexedor e os concelleiros do grupo de goberno foron os encargados de recibir a Eimil, que antes de iniciar un percorrido polo litoral aresán mantivo un breve encontro cos responsables locais.
Nunha comparecencia ante os medios, o rexedor lembrou que hai só unhas semanas o enxeñeiro xefe da Demarcación, Carlos Gil, fixo un percorrido polo municipio para coñecer de primeira man as súas necesidades. Froito desta visita, o alcalde acadou dous compromisos; o primeiro, o de acometer, pola vía de urxencia, a reparación da estrada da Praia Pequena de Chanteiro que está a sufrir as inclemencias do tempo e do mar e, en consecuencia, perde parte do lateral da calzada, e, a segunda, a execución dun proxecto integral, tamén en Chanteiro. Este último, que Iglesias destacou na rolda de prensa de hoxe, consiste nunha actuación similar á desenvolvida en Area Morta, en Redes, e pasa por construir novos accesos á praia, a adecuación dun aparcadoiro e a realización dunha senda litoral que chegue ata A Coitelada.
Precisamente a recuperación das sendas litorais da provincia é un dos obxectivos da Demarcación de Costas, tal e como manifestou Rafael Eimil. O titular deste organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente explicou que Ares é un dos municipios polo que pasarán estes camiños, que se irán recuperando por fases. Neste sentido, hai que recordar que o pasado 22 de agosto técnicos de Costas visitaron este municipio para comprobar o potencial da zona e poñer en común cos responsables locais o proxecto previsto para o sendeiro, que irá dende Redes ata Chanteiro.
Por outra banda, tanto Eimil como Iglesias subliñaron a importancia doutro grande proxecto, que neste caso afecta a Redes e que unicamente está pendente da aprobación do proxecto técnico por parte do Goberno de Madrid. Trátase da urbanización do parking da vila e do empedrado da rúa Nova e a praza do Pedregal, ademais da recuperación do castelo de Redes. A cuantía desta actuación, promovida polo Ministerio de Medio Ambiente, supera os 1,5 millóns de euros.
Para Julio Iglesias, todos estes proxectos, xunto co de construir accesos ás calas de Centeás, As Mirandas y Estacas, similares aos que existen no paseo marítimo de Ares –intervención que lle plantexou ao xefe da Demarcación de Costas-, dan boa conta da preocupación dos gobernos central e autonómico pola protección do dominio público. O alcalde, neste ámbito, asegurou que o Concello de Ares respectará, como xa o ven facendo nestes últimos meses, a legalidade e, como exemplo, puxo a recente recuperación dun camiño que se asfaltara polo anterior grupo de goberno en plena praia de Seselle (A Campa).
“Todos os proxectos que se están levando a cabo e os que se van executar implican un compromiso de Rafael Eimil”, afirmou o alcalde de Ares.

LEGALIZACIÓN DA NOVA CASA CONSISTORIAL

Preguntado ao respecto, Julio Iglesias avanzou que onte mesmo falou co director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, sobre a legalización da Casa Consistorial. O rexedor, que incidíu en que o goberno local acatará todas as directrices que marque o organismo dependente da Consellería de Política Territorial, indicou que o expedente é complexo e que, segundo as recomendacións do propio Lueje, o máis adecuado será facer unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal –necesario, xa que se trata dunha zona verde-.
Precisamente por tratarse dun inmoble que invade zona verde, a modificación do PXOM terá que ser aprobada pola Comisión Superior de Urbanismo, un trámite máis lento e complexo, pero tamén o máis adecuado para este caso, e que o actual grupo de goberno xa iniciou. Así as cousas, Iglesias ten previsto remitir o vindeiro venres o expedente con vistas a que o responsable da Dirección Xeral de Urbanismo o revise antes de envialo á Comisión Superior de Urbanismo.

CENTRO DE SAÚDE

O alcalde de Ares tamén se referíu á ampliación de centro de saúde. Iglesias lembrou a existencia do acordo plenario unánime de cesión ao Sergas da parcela anexa ao actual inmoble, polo que corresponde agora á Consellería de Sanidade a redacción e posterior licitación do proxecto, aspectos nos que xa está a traballar dito departamento da Xunta. En todo caso, o rexedor socialista asegurou que estanse a cumprir os prazos previstos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares