Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O aresán Bruno Currás estrea o xoves na Alianza Aresana o documental "A son do mar"
29 Decembro 2010 09:49
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, asistirá este xoves, día 30, á estrea do documental “A son do mar”, gravado, montado e editado na súa totalidade polo aresán Bruno Currás. O pase, ao que están convidados todos os veciños e veciñas do municipio, comezará ás oito da tarde e terá lugar na Alianza Aresana.
“O son do mar”, como explicou o propio Currás, foi gravado durante dez días do pasado mes de setembro a bordo dun barco de cerco con base en Ares, “con cámara en mano y preguntando a los marineros qué era el mar para ellos”. De feito, o obxectivo do documental non é outro, en palabras do seu autor, que o de recoller á vida dos homes do mar, deixando a un segundo plano o que é o oficio de mariñeiro. “La palabra son no se refiere a sonido, sino a sintonía”, aclarou Bruno Currás, que explicou a este respecto que o documental está dividido en dúas partes: a primeira, duns vinte minutos, que recolle este principio argumental de coñecer as opinións e vida das persoas vencelladas ao mar e a segunda, duns quince, que si aborda o oficio de mariñeiro, aínda que dita parte realizouna por aclamación popular. “Colgué el trailer de la primera parte en Internet y de pronto empecé a recibir muchísimas peticiones para hacer una segunda parte hablando del oficio, lo que me animó a, finalmente, montarla”, indicou este aresán de tan só 25 anos.
Bruno Currás está cursando unha licenciatura americana (chamada HND) de realización de cine. Como informou, parte desta formación é en Madrid –a que está realizando neste momentos- e a final, a correspondente ao terceiro ano, será na Escola de Cine de Nueva Cork –viaxará aos Estados Unidos en febreiro de 2012-.
“O son do mar” é o seu primeiro documental en solitario, aínda que Currás traballa para unha produtora en Madrid que ten entre os seus traballos o da “promo” do Mundial que se rodou co coñecido cantante David Bisbal.
En canto aos seus traballos futuros, este mozo aresán asumirá no mes de febreiro a dirección dun vídeo clip dun coñecido grupo español, mentres que un pouco máis adiante, entre marzo e abril de 2011, gravará –para esta rodaxe si contará con máis xente, aínda que el levará a dirección- outro documental, que tamén se rodará na súa totalidade en Ares. Dito documental versará sobre a xente que se implicou, dunha ou doutra forma, no mundo da droga. “Como ‘A son do mar’, este documental es de personas y no persigue un fin educativo”, quixo subliñar Bruno Currás, que agarda que a estrea do seu primeiro documental sexa ben recibido por parte dos seus veciños e veciñas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares