Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde inaugurou esta mañá a segunda edición do obradoiro Insert@res, que dará emprego a 40 persoas
23 Decembro 2010 15:18
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, destacou hoxe, no marco do acto de presentación e inauguración do que é o segundo obradoiro de emprego do Concello, Insert@res, a importancia que ten esta iniciativa nun momento como o actual, de grave crise económica, para o fomento do emprego no municipio, sobre todo, dixo, no colectivo de persoas maiores de 25 anos, ao que vai precisamente destinado este obradoiro.
Ante os 32 alumnos e alumnas que durante un ano realizarán a súa formación en xardinaría e albanelaría -14 na primeira área e 18 na segunda- e as oito persoas que integran o equipo directivo, profesorado e de apoio (seis a xornada completa e dous a media xornada), o rexedor socialista asegurou que o actual equipo de goberno deu prioridade, como xa fixera no obradoiro que se desenvolveu entre os meses de decembro de 2008 e 2009, ao colectivo de maiores de 25 anos posto que xeralmente se corresponde con veciños e veciñas que teñen cargas familiares e, polo tanto, a súa situación laboral e persoal é moito máis complicada. E, dentro deste, sinalou Iglesias, prestando unha especial dedicación aos maiores de 45 anos, pola “desesperación que sufren ao non atopar traballo”.
Aínda que, indicou, “gostaríanos beneficiar ás 99 persoas que viñeron chamadas polo INEM, 32 é mellor que cero e iso é o que nos ten que importar”. Ademais, engadiu, o goberno local está traballando noutras frontes, como é o caso do Plan Ferrol, para poder levar a cabo o vindeiro ano outro obradoiro de emprego que sirva para crear máis postos de traballo e executar algún proxecto estratéxico para o municipio, como a rehabilitación das Escolas do Lago para a posta en funcionamento dun centro de formación para a hostalería e restauración do concello –a primeira fase deste proxecto podería levarse a cabo neste obradoiro se as actuacións proxectadas rematasen antes dos doce meses nos que se desenvolverá-.
O investimento ascende a 692.476,80 euros, o que permitirá abonar os salarios dos alumnos e alumnas, dos directivos e profesorado así como a execución de importantes obras para o municipio. En concreto, levaranse a cabo grazas a este obradoiro de emprego a conservación de muros, desbroce e acondicionamento da batería de Fonteseca; o mantemento da batería de A Bailadora; a repoboación de bambú e salgueiros, e a limpeza de ramallos no parque fluvial de A Xunqueira; o mantemento e repoboación de árbores no parque municipal Rosalía de Castro, que en cada temporal vai perdendo exemplares; e o acondicionamento e mantemento en Fontelide (fonte e lavadoiro); e construcción e posta en funcionamento dun invernadoiro nunha parcela municipal ubicada en Granxares.
Os alumnos disfrutarán agora duns días de vacacións polas festas de Nadal, incorporándose de novo o día 10 de xaneiro. O horario de formación e traballo será de 07.00 a 15.00, de luns a venres, e a base do obradoiro estará no mosteiro de Santa Catalina, como xa ocorrera na anterior edición. O alcalde recomendoulles que traballen en equipo, “por e para o pobo”, e desexoulles que teñan ao longo deste ano unha “moi boa experiencia”.
Este é o segundo obradoiro de emprego que pode poñer en marcha o equipo de goberno que dirixe o socialista Julio Iglesias. O primeiro, como se lembrará, desenvolveuse entre os meses de decembro de 2008 e 2009 e permitíu a contratación de 25 persoas en situación de desemprego. En virtude dese obradoiro, Insert@res, executáronse obras do calado da recuperación da batería de A Bailadora, traballos de mantemento e rehabilitación nos xardíns e no interior do mosteiro de Santa Catalina ou a reparación do tramo do paseo marítimo no entorno do parque Rosalía de Castro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares