Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A carreira de Fin de Ano de Ares e Mugardos xa superou a cifra de 400 persoas inscritas
21 Decembro 2010 14:18
A Carreira de Fin de Ano que organizan os Concellos de Ares e Mugardos a través das súas respectivas áreas de Deportes, e que nesta ocasión terá como punto de saída e chegada este primeiro municipio, xa superou os 400 inscritos. Isto significa que, tal e como consta nas bases, estes participantes recibirán de balde unha camiseta e un gorro de Papá Noel, cos que correrán a proba. Aínda así, dende a organización lembran que o prazo de inscripción, que se formaliza na web da Federación Galega de Atletismo, segue aberto ata este mércores, día 22, ás 00.00 horas, polo que as previsións pasan por que o número total de corredores supere o medio milleiro.
A cita deportiva, que en cada edición congrega a máis de catrocentos corredores, desenvolverase o día 26 do presente mes de decembro dende as once da mañá –a secretaría da proba informa de que os dorsais entregaranse entre as 08.00 e as 10.30, polo que se pide puntualidade-, hora á que os participantes inscritos terán que estar concentrados fronte á pista exterior do CPI Conde de Fenosa. Dende aí baixarán andando ata a intersección da avenida Celso Emilio Ferreiro coa avenida de Mugardos, donde procederase a dar a saída.
O percorrido, que é de dez kilómetros, inclúe a chegada a Mugardos –neste Consistorio procederase ao avituallamento líquido- e posterior retorno a Ares, donde tamén estará a meta, concretamente fronte o acceso ao colexio Conde de Fenosa, na avenida Celso Emilio Ferreiro. Neste lugar haberá un novo avituallamento, neste caso de líquido e sólido. Ademais, como en anos anteriores, os participantes disporán de servizo de armario para deixar os obxectos persoais e de duchas.
Polo carácter popular da proba, non haberá clasificación por categorías nin premios aos participantes. Si haberá un sorteo de dez cestas de Nadal, aportadas polos establecementos e empresas colaboradoras con esta proba, unha máis destacadas de cantas se celebran na comarca nestas datas.

XORNADA DE MINI BÁSQUET
Por outra banda, dentro das actividades deportivas de Nadal promovidas polo Concello de Ares, hai que destacar a xornada de mini básquet que se desenvolverá o vindeiro martes 28 no pavillón municipal, e que contará coa participación das escolas deportivas municipais de Ares e de Fene. Esta iniciativa terá lugar entre as 11.00 e as 13.30 horas.

VACACIÓNS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Finalmente, lémbrase aos participantes nas Escolas Deportivas Municipais, que co gallo das festas de Nadal, ditas escolas pecharán a partires do día 24. A actividade retomarase o luns 10 de xaneiro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares