Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde lembra á USTG que a súa resolución designando a un coordinador de obras segue en vigor e que o capataz sempre mantivo o seu cargo
26 Novembro 2010 13:13
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, manifestou esta mañá a súa perplexidade ante as informacións emitidas pola USTG, das que asegurou que amosan a falla de pudor e de vergoña desta central sindical. Neste sentido, Iglesias afirmou que os argumentos aportados por este sindicato “carecen de rigor e constatan o verdadeiro interese da USTG, que non é precisamente o de defender os intereses do persoal laboral do Concello, senón actuar de oposición política contra este goberno socialista”.
Con respecto á sentenza do TSXG sobre o capataz, o alcalde puntulizou que, en primeiro lugar, o propio fallo recoñece que a este traballador sempre se lle mantivo o seu cargo -proba disto son as nóminas desta persoa dende a decisión do rexedor de nomear a un coordinador ata o día de hoxe-. En segundo, Iglesias recoméndalle á USTG que aprenda a ler a sentenza, xa que o fallo está cumprido polo Concello meses antes incluso de que ésta fora notifica, posto que o propio alcalde asinou unha resolución na que se nomeaba un coordinador de obras; documento contra o que, por certo, ninguén presentou reclamación algunha. Na práctica, isto tradúcese en que as cousas están como estaban: o capataz segue sendo capataz e o coordinador de obras ten unhas funcións totalmente diferenciadas do primeiro e fixadas por escrito pola Alcaldía.
En este sentido, o alcalde de Ares asegurou que o capataz, que entrou no Concello da man de Manuel Cendán, está a facerlle oposición dende un principio, polo que o animou a presentarse ás próximas eleccións municipais.
En canto ás acusacións da propia central sindical, Iglesias lembroulles que o Concello gañou máis do 80% dos asuntos que se levan enxuízados nestes tres anos, ao contrario do que, curiosamente, acontecía anos atrás cando a Alcaldía a obstentaba Manuel Cendán. Por outra banda, o rexedor socialista, que non acaba de entender a defensa a ultranza que fai este sindicato ás antigas políticas do PP en Ares e, por contra, trata de hundir por todos os medios ao goberno socialista, quixo deixar claro que el non é nin traballa como abogado do Concello, senón que o fai como defensor dos intereses de todos os veciños e veciñas do municipio. En todo caso, cada un no seu eido será valorado cando chegue o momento e, a partires de aí, se poderán sacar as pertinentes conclusións.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares