Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello contará con un taller de empleo que dará trabajo y formación a 33 alumnos
22 Novembro 2010 10:38
O Concello de Ares contará a partires do vindeiro mes de decembro cun novo obradoiro de emprego, o segundo neste mandato. Isto tradúcese na contratación en formación de 33 alumnos e alumnas de máis de 25 anos, que terán que estar dados de alta no INEM, e que serán divididos nas especialidades de albanelaría e xardinaría. A éstes, haberá que sumar o equipo directivo e o profesorado, que se encargará da dirección, docencia e tarefas administrativas ao longo dos doce meses de duración deste obradoiro de emprego.
O investimento superará os 700.000 euros, o que permitirá abonar os salarios dos alumnos e alumnas, dos directivos e profesorado así como a execución de importantes obras para o municipio. En concreto, levaranse a cabo grazas a este obradoiro de emprego a coservación de muros, desbroce e acondicionamento da batería de Fonteseca; o mantemento da batería de A Bailadora; a repoblación de bambú e salgueiros, e a limpeza de ramallos no parque fluvial de A Xunqueira; o mantemento e repoboación de árbores no parque municipal Rosalía de Castro; e o acondicionamento e mantemento en Fontelide, entre outras actuacións que serán concretadas nos vindeiros días para adaptar o orzamento dispoñible.
Tamén en cuestión de días o Concello fará unha oferta a este respecto ao INEM, que será o encargado de remitir as cartas para asistir a unha proba de selección aos desempregados e desempregadas que cumpran os requisitos esixidos polo obradoiro de emprego.
Este é o segundo obradoiro de emprego que pode poñer en marcha o equipo de goberno que dirixe o socialista Julio Iglesias. O primeiro, como se lembrará, desenvolveuse entre os meses de decembro de 2008 e 2009 e permitíu a contratación de 25 persoas en situación de desemprego. En virtude dese obradoiro, Insert@res, executáronse obras do calado da recuperación da batería de A Bailadora, traballos de mantemento e rehabilitación nos xardíns e no interior do mosteiro de Santa Catalina ou a reparación do tramo de o paseo marítimo no entorno do parque Rosalía de Castro.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, amosou a súa satisfacción por esta nova, pola que leva loitando máis dun ano e que, por fin, fíxose realidade. Para o rexedor socialista, iniciativas deste tipo son as que este municipio precisa, sobre todo nun momento de profunda crise económica, xa que permite dar traballo e formar para un futuro a máis de trinta persoas do concello.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares