Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares acollerá o vindeiro sábado a segunda proba do Campionato Galego de Canicross
15 Novembro 2010 13:44
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, presentou esta mañá, xunto con Javier Davila, presidente de Expogal, o I Canicross Xtrem, unha proba organizada pola Sociedad Cinológica Gallega Expogal –entidade autorizada pola Xunta de Galicia para a emisión de pedigríes en esta Comunidad-, xunto coa Federación de Deportes de Inverno e o Concello de Ares, que se desenvolverá o vindeiro sábado, día 20, no entorno do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.
Trátase, como explicaron, da segunda proba do calendario galego de canicross, puntuable para o Campionato Galego desta disciplina. Dita proba é a máis dura do campionato, e polo tanto só os corredores máis experimentados poderán facer fronte aos 10 kilómetros deseñados pola organización. A proba, polas súas características, será seguida por un observador da Federación Española para estudar a posibilidade de incluila en vindeiras edicións no Campionato de España.
Outra das novidades desta iniciativa é a celebración dunha carreira de Bikejoring, similar ao Canicross, pero con bicicleta.
O programa comezará o día 20 ás tres da tarde, coa entrega no mosteiro de Santa Catalina dos dorsais e a a realización dos controis veterinarios pertinentes. De feito, Expogal informa de que fará recoñecementos de raza para aqueles cans que carezan de pedigree, de forma que poidan obter dito documento.
Media hora máis tarde, terá lugar unha reunión informativa, estando prevista a saída do Canicross ás catro da tarde. A proba de Bikejoring partirá do cenobio ás 17.15, mentres que a entrega de trofeos está prevista para as seis da tarde.
Pero esta non é a única iniciativa que Concello e Expogal promoverán este ano, senón que a esta actividade sumarase, entre outras acción dirixidas a persoas que teñen animais de compañía –fundamentalmente cans- froito dun acordo entre a administración local e esta entidade, a celebración dun curso de Iniciación e Adestramento de cans, que se desenvolverá en Ares os días 11 e 12 de decembro.
As persoas interesadas nalgunha destas iniciativas, tanto no que se refire á obtención de información como no relativo ás inscripcións, deben dirixirse á web www.expogal.es ou chamar ao número de teléfono 637 521 932.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares