Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Concellaría de Cultura organiza actividades e concursos para celebrar a festa do Samaín
19 Octubre 2007 10:32
A Concellaría de Cultura, que preside a socialista Ana Fernández Coira, organiza unha serie de actividades para celebrar a festa do Samaín, que se desenvolverá o vindeiro 10 de novembro. Aínda que a celebración terá lugar nesa data, o certo é que xa está aberto o prazo de inscripción para participar en dous concursos que esta área de goberno promove tamén con este motivo.
O primeiro, é o concurso de contos de medo “Ares, de medo”, dirixido a nenos de Ares de ata dez anos, na primeira das categorías establecidas, e de 11 a 16, na segunda. Os rapaces interesados en participar deberán formalizar a súa inscripción dende xa mesmo e ata o día 31 deste mes. Segundo consta nas bases, a disposición no Concello, os contos terán que ser de medo ou misterio, sempre orixinais, e dacordo co tempo do Samaín. As historias, que poderán ser en galego ou castelán, non poderán sobrepasar os tres folios, formato A4, por unha cara, a dobre espazo e con letra Arial 12.
O xurado, que estará composto polo contacontos profesional César Martínez “Goldi”, a concelleira de Cultura e o debuxante aresán Antonio Seixas, fallará o concurso, cuxos premios –un DVD portátil para o vencedor de cada unha das categorías, un MP4 para os dous finalistas e un agasallo para todos os participantes- entregaranse na festa do día 10 de novembro.

RECEITAS

En canto ao concurso de receitas “Ares, qué rico”, o prazo de presentación das fichas de inscripción tamén conclúe o día 31, e neste caso poderá participar calquera aresán que queira probar a súa pericia na cociña. As bases establecen que os pratos que concurran ao certame –un por persoa- poderán ser de calquera tipo; iso si, deberán ter entre os seus ingredientes principais a cabaza ou as castañas.
A receita seleccionada polo xurado –estará formado por “Goldi”, Ana Fernández Coira e un restaurador do municipio- será premiado cunha fin de semana completa nunha casa rural para dúas persoas, en réxime de aloxamento e almorzó, mentres que os dous finalistas disfrutarán dunha cea para dúas persoas nun restaurante do concello a escoller.
Os pratos preseleccionados, ao igual que no caso dos contos –serán lidos polos seus autores na festa do Samaín-, presentaranse na celebración do día 10 e serán catados polo xurado. Ademais, a totalidade serán degustados polo público que acuda a esta cita festiva.



FESTA DO SAMAÍN

O parque Rosalía de Castro e, no caso de que choiva, o patio cuberto do colexio Conde de Fenosa, acollerán o magosto do Samaín, actividade organizada polo Concello en colaboración coa asociación O Tilo e a Banda de Gaitas de Ares.
Precisamente a primeira entidade está a realizar unha carroza ambientada nesta antiga tradición do Samaín, que sairá da súa sede ás catro da tarde do día 10 de novembro. Despois dun percorido polo pobo, a carroza rematará no parque Rosalía, o que servirá como pistoletazo da saída á festa.
Ésta contará coa presentación e coordinación do actor e contacontos César Martínez “Goldi”. A lectura dos contos preseleccionados, a degustación das receitas do concurso e a castañada popular serán os principais ingredientes desta celebración, que rematará cunha queimada. Tamén haberá un certame de cabazas, polo que as persoas que quieran participar deberán acudir á festa coa súa cabaza disfrazada –neste caso non hai inscripción previa, senón que se fará no propio parque Rosalía-.
Unha vez rematada a festa –sobre as dez da noite-, a carroza, coas cabazas alumeadas, fará un novo percorrido pola vila de Ares.
A concelleira de Cultura anima a todos os cidadáns a participar activamente nestas actividades,das que hoxe mesmo informou a edil socialista na comisión desta área.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares