Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde anuncia a construcción dun novo cemiterio municipal nunhas parcelas en Lubre
04 Octubre 2010 13:12
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, anunciou esta mesma mañá, acompañado do párroco de Lubre e Ares, Antonio García de las Heras, a próxima construcción dun cemiterio municipal, que ocupará unhas parcelas ubicadas no entorno de Campo do Portal, en Lubre. Trátase non só dun dos compromisos adquiridos polo grupo de goberno no seu programa electoral, senón que tamén resposta a unha demanda cidadá e a unha necesidade real, xa que na actualidade non hai sepulturas libres no actuais camposantos parroquiais e o mesmo ocurre por parte do Concello, que tampouco pode ofrecer nichos.
Precisamente a pasada semana o cura local remitira un escrito ao rexedor socialista informando da situación, cunha poboación que está a crecer nos últimos anos e un cemiterio, que data de finais do século XIX e que non pode ser ampliado pois está rodeado de edificacións de recente construcción. Dado que non queda ningunha sepultura libre nestas instalacións, os enterramentos daquelas persoas que non contan cun nicho en propiedade teñen que realizarse noutros cedidos temporalmente por familiares ou amistades, únicas posibilidades viables nestes momentos.
Pola súa banda, Iglesias subliñou que precisamente pola demanda e as condicións existentes, facíase moi necesario construir un novo camposanto municipal. Así, o equipo de goberno buscou unha bolsa de solo que, en primeiro lugar, cumprise cos requisitos necesarios, como o de non contar con vivendas no seu entorno e que tivese a suficiente superficie para poder executar un cemiterio do “século XXI”. Na zona de Campo do Portal, en Lubre, atopáronse unhas parcelas propiedade do Concello –sete ferrados- e da Igrexa –tres ferrados- que cumprían ditos requisitos, ademais de dispor de acceso rodado ás mesmas.
Polo tanto, o primeiro trámite será a sinatura dun convenio co Arzobispado para por en común os terreos e, así, contar cunha superficie de 5.000 metros cadrados que permitirán construir o camposanto. Neste eido, hai que afirmar que esta primeira reunión foi “un bo comezo” para plasmar a colaboración dun xeito satisfactorio –o alcalde agradeceu ao párroco a súa disposición e mediación neste proceso e o mesmo dixo Antonio García con respecto a solución plantexada por Iglesias-, que continuará de inmediato coas conversas que o rexedor levará a cabo co Arzobispado.
Pero as intencións do Concello van máis aló e, deste modo, preténse acadar unha superficie total de 15.000 metros cadrados, que permitiría acometer outras intervencións máis aló da construcción de nichos e dos servizos de enterramento. A este respecto, ambos citaron a posibilidade de levantar unha capela que incluso sirva para pequenos funerais e para tanatorio, así como dotar ao camposanto, que multiplicará en superficie por seis ao parroquial de Ares, dunha zona de aparcadoiro.
Ademais do convenio, por parte do Concello iniciarase a tramitación do expedente, coa modificación das normas subsidiarias para cualificar este espazo –os 15.000 metros cadrados- como dotacional e solicitar os permisos administrativos correspondentes. Tamén procederase á redacción do proxecto do cemiterio, que como recalcou o rexedor socialista, convivirá cos xa existentes na actualidade.
O alcalde destacou o esforzo realizado polo equipo de goberno local ao longo destes tres anos para atopar unhas parcelas axeitadas para acoller o novo cemiterio, ao tempo que asegurou que con esta intervención cúmprese outro dos compromisos máis importantes dos adquiridos cos cidadáns na campaña electoral de 2007, tal e como consta no programa do PSOE das últimas eleccións municipais.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares