Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 15 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde esixe á Xunta que cumpra coas xestións e actuacións necesarias para acadar a rehabilitación do mosteiro de Santa Catalina co 1% cultural
28 Setembro 2010 10:17
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a deputada socialista da comarca, Beatriz Sestayo, deron conta esta mañá das iniciativas parlamentarias presentadas a pasada semana (concretamente o día 22 de setembro) por esta última a instancias do rexedor relativas á urxencia e necesidade de rehabilitación do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, para o que é fundamental a realización dunha serie de xestións por parte da Xunta, a través da Dirección Xeral de Patrimonio. Como se pon de manifesto nas cinco iniciativas, consistentes en proposicións non de lei e preguntas parlamentarias para a súa resposta oral en Comisión e en Pleno e tamén escrita, o actual Goberno autonómico está incumprindo dun xeito “fragrante” os compromisos adquiridos e iniciados co Bipartito para acadar o investimento do 1% cultural para a rehabilitación do cenobio.
As iniciativas destacan as xestións promovidas e realizadas polo alcalde de Ares neste mandato, despois de anos de abandono por parte do Goberno popular en Galicia e en Ares, así como os compromisos adquiridos tanto polo Goberno bipartito, que elaborou o Plan Director do mosteiro –como se lembrará, foi presentado o 18 de novembro de 2008-, e do Ministerio de Defensa, que se comprometeu a destinar o 1% cultural para a rehabilitación do cenobio -o 75% dos custes correría a cargo do Goberno do Estado e o 25% restante sería asumido pola Xunta de Galicia-. Co cambio de goberno autonómico, e segundo as conversas entre a Administración Local e Autonómica, os novos responsables galegos aseguraron manter a intención de continuar con este proxecto rehabilitador, cuxo investimento sería executado en dúas anualidades inmediatas.
Pero o certo é que, a día de hoxe, o Goberno de Feijóo está “desprezando” un proxecto “dunha enorme trascedencia cultural e turística para Ares, a comarca de Ferrol e toda Galicia”, e non está a cumprir a parte que lle corresponde, necesaria para que o Goberno central poda levar a bo termo o seu compromiso. Compromiso que, segundo puxo de manifesto na recente visita que fixo a Ares a Directora General de Infraestructura de Defensa, continuará en canto a Xunta realice a tramitación pendente.
Polo tanto, a deputada socialista insta á Xunta a efectuar “de forma inmediata” as xestións e actuacións necesarias para poder executar a rehabilitación de Santa Catalina. Neste eido, Sestayo pregunta ao Goberno galego pola data na que vai cumprir dito compromiso, ao tempo que plantexa ao Executivo autonómico se considera a rehabilitación do cenobio unha actuación fundamental e se interesa polas razóns que levaron á Xunta a non ter cumprido as xestións pertinentes para levar o proxecto de execución á Comisión do 1% Cultural.
Finalmente, os dous responsables políticos subliñaron algunhas das actuacións promovidas polo Concello para manter e rehabilitar algunhas das zonas de Santa Catalina. Nomeadamente, Iglesias e Sestayo citaron os traballos desenvolvidos no cenobio co obradoiro de emprego Insert@res, concedido polo Bipartito entre 2008 e 2009 que, a pesares dos parabéns da actual conselleira de Traballo, Beatriz Mato, foi denegado ata en dúas ocasións polos actuais responsables autonómicos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares