Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 10 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Julio Iglesias recibe a confirmación da conselleira de Sanidade da licitación do centro de saúde
24 Setembro 2010 10:16
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, foi citado esta tarde a unha reunión en Santiago coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, na que a propia titular deste departamento anunciou ao rexedor socialista a licitación das obras do novo centro de saúde neste mesmo ano, o que supón a construcción do inmoble no exercicio de 2011. O orzamento de licitación ascende a 2.263.000 euros e o prazo de execución dos traballos é de once meses.
Con este anuncio, confírmase a execución dunha infraestrutura prioritaria para os veciños e veciñas de Ares nunha parcela situada no casco urbán da vila. Trátase, como lembrou o alcalde, da parcela na que se ubica o actual centro así como da traseira a ésta (cedida polo Concello á Xunta para poder levar a cabo a obra), tal e como reclamara unánimemente a poboación e o actual equipo de goberno, e en contra da opción plantexada polo PP local de Manuel Cendán, defensor a ultranza de levalo a unha zona moito máis alonxada, en Pedrós, no lugar no que os responsables municipais impulsaron unha cidade deportiva.
Neste eido, hai que destacar tamén que, fronte ás últimas acusacións de Cendán, que asegurou que o centro de saúde non se construía pola paralización e obstrucción do grupo de goberno, a propia conselleira de Sanidade informou ao alcalde socialista que o de Ares foi un dos Concellos que cumpríu en tempo e forma cos trámites esixidos por este departamento e, precisamente por esta razón, as obras poderán ser licitadas este ano.
A actuación proxectada suporá a modernización e transformación do actual centro de saúde, xa que multiplicará por dous o espazo de pranta –son as dúas parcelas- e por outros dous o alzado. Así, o proxecto básico, que foi dado a coñecer esta tarde a Julio Iglesias, contempla soto, baixo, primeiro andar e baixocuberta –ata o de agora ten baixo e primeiro andar-.
Os beneficios non só redundarán no espazo, senón que, ademais, o proxecto recolle todas as necesidades sanitarias, no que a servizos e prestacións se refire, reflexadas no Plan Funcional da Área Sanitaria elaborado durante o Goberno bipartito para o presente e futuro. Salas de espera, administración, arquivo, cinco salas de consulta, pediatría (separada do resto de consultas) e área materno-infantil ou ciruxía ambulatoria (análisis, extraccións, etc) son algúns dos servizos que ofrecerá o novo centro de saúde, pensado non só para as necesidades actuais dun municipio que veu incrementada notablemente a súa poboación nos últimos anos, senón tamén para o futuro. A este respecto, hai que engadir que, precisamente pensando nesta posibilidade, reservaranse espazos para novos servizos que se demanden cos anos.
O alcalde mostrou a súa satisfacción por esta nova, froito destes tres anos de traballo ao fronte do Concello de Ares e da colaboración entre administracións.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares