Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Defensa e Concello acordan crear un Consorcio para traballar no futuro do mosteiro de Santa Catalina, que tamén contará coa presenza da Xunta de Galicia
15 Setembro 2010 10:25
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, mostrouse moi satisfeito da reunión de traballo mantida esta mañá coa directora general de Infraestructura do Ministerio de Defensa, Mónica Melle Hernández. Melle desprazouse a Ares para manter un encontro co rexedor para, fundamentalmente, realizar un seguimento do convenio asinado co Concello relativo ao mosteiro de Santa Catalina e, ademais, reunirse, xunto co propio Iglesias, con empresarios do grupo de capital galego Carrís Hoteles, interesados en convertir o cenobio nun hotel-monumento.
Despois do encontro e dunha visita ao mosteiro, os responsables deste departamento de Defensa valoraron moi positivamente todos os traballos de mantemento e posta en valor efectuados ao longo destes anos polo actual equipo de goberno –hai que destacar, neste eido, as labores periódicas realizadas polo Concello e os traballos de rehabilitación levados a cabo en 2008 e 2009 polo Obradoiro de Emprego-; de aí que consideren necesario dar un paso máis e constituir, como xa se acordara inicialmente, un Consorcio. Deste Consorcio, ademais do Ministerio e o Concello, formará parte tamén a administración autonómica, a través da Dirección Xeral de Patrimonio –como se lembrará, este organismo foi o que, durante o Goberno bipartito, redactou o Plan Director do mosteiro-.
Polo tanto, agora procederase á convocatoria dunha reunión a tres bandas –Defensa e Concello xirarán o correspondente escrito á Xunta informando deste acordo e convocando dito encontro- para constituir o Consorcio do mosteiro, para o que tamén, de forma inmediata, procederase á redacción dos respectivos proxectos de execución para a súa rehabilitación con cargo ao 1% cultural.
Pola súa banda, os empresarios galegos fixeron chegar a Mónica Melle o seu interese en convertir Santa Catalina nun hotel-monumento –uso que se contempla no Plan Director do mosteiro-. Carrís Hoteles é un grupo empresarial de capital galego cunha ascendente implantación nesta comunidade e no norte de Portugal.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares