Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os Servizos Sociais de Ares mellorarán as instalacións do centro de maiores da vila
14 Xaneiro 2008 10:48
O Concello de Ares, a través da Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, ten entre os seus proxectos para este ano a ampliación do centro de maiores da vila. En concreto, a actuación consistirá na adecuación dun baixo de propiedade municipal situado xunto ao local que alberga na actualidade dito centro e que facilitará o desenvolvemento das actividades que a diario se organizan neste espazo adicado á terceira idade de Ares.
De feito, a concelleira indicou que o local é bastante pequeno, o que provoca algúns problemas no caso da realización de iniciativas tales como actuacións musicais ou bailes, ademais da limitación das actividades habituais dos maiores.
Por outra banda, Victoria Montenegro anunciou que a partires do vindeiro mes de febreiro incrementarase o número de horas de atención ás persoas da terceira idade por parte da podóloga, servizo que tamén se vén prestando no centro de maiores. Ata o momento, a podóloga acude a Ares os martes durante tres horas, mentres que a partir de febreiro o fará dous días pola tarde –as datas aínda están por concretar-, polo que o horario de atención ao público será de seis horas semanais.
A razón desta medida non é outra que mellorar a atención para o elevado número de pacientes que ten este servizo, moi valorado polos cidadáns de Ares, e que se está a colapsar. Polo tanto, a intención da responsable dos Servizos Sociais do Concello pasa por prestar un mellor servizo aos veciños do municipio.
Estas medidas, xunto co mantemento do transporte adaptado, son algunhas das iniciativas máis destacadas que dende a Concellaría de Servizos Sociais se porán en marcha este ano en beneficio, fundamentalmente, das persoas maiores de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares