Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Iglesias destaca ante o ministro de Xustiza os máis de seis millóns investidos polo Goberno central en Ares nestes tres anos
15 Setembro 2010 09:54
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, destacou hoxe, no marco da visita que o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, realizou ao municipio, os importantes e decisivos investimentos do Goberno central neste concello ao longo destes tres últimos anos. De feito, como subliñou o rexedor socialista, son máis de seis millóns de euros os que se investiron en Ares, fundamentalmente a través da Demarcación de Costas –Ministerio de Medio Ambiente- e do Plan E correspondente aos anos 2009 e 2010.
Estas declaracións de Iglesias foron efectuadas despois de que o ministro galego fora recibido no Consistorio e asinara no Libro de Ouro do Concello. O alcalde, que estivo acompañado polo grupo de goberno ao completo e pola deputada Beatriz Sestayo, citou algunas das actuacións máis importantes, como a recuperación da fachada marítima de Redes, de Area Morta ou os accesos ás praias de Centeás, O Xuncal, Estacas e As Barrosas –Costas- así como a rehabilitación da Casa do Patín –que ubicará un telecentro que dará cobertura a toda a comarca, a Casa da Xuventude e unha sala de exposicións-, dun edificio na rúa Real para sede de Servizos Sociais –garantindo, como puxo de manifesto o rexedor, a confidencialidade e privacidade dos usuarios-, a construcción da primeira fase da cidade deportiva de Pedrós, a instalación de gradas no campo de fútbol municipal de Prados Vellos, o centro de recuperación –spa- na piscina, o alumeado de baixo consumo no parque Rosalía de Castro e no mosteiro de Santa Catalina e o asfaltado de varios caminos rurais, entre outras intervencións.
Todas estas obras, dixo Iglesias, supuxeron un “impulso fundamental” e unha “transformación case revolucionaria” do municipio, ao tempo que amosan a “cercanía” da Administración central coa local, neste caso de Ares.
A estes catro millóns de euros, que suman as actuacións anteriormente citadas, hai que engadir os aproximadamente 2,5 millóns de euros da execución do proxecto de recuperación da fachada marítima de Chanteiro, que en próximas datas sairá a información pública e suporá, en palabras do alcalde de Ares, a posta en marcha dunha actuación do mesmo calado da realizada en Redes. Deste xeito, son máis de seis millóns os investidos, entre obra executada e prevista da execución, neste municipio.
Precisamente para este proxecto –que xa está comprometido por Costas- e para a conversión do mosteiro de Santa Catalina nun hotel-monumento, Iglesias solicitou a axuda do ministro, que precisamente destacou como un dos principais motivos da súa visita a Ares o de coñecer de primeira man, como ministro e como galego, as necesidades non só do goberno local, senón tamén dos veciños e veciñas do municipio. De feito, asegurou que “para min é fundamental estar en contacto coa xente, saber qué pensa a xente de Ares”.
Caamaño valorou o traballo e xestión realizada polo alcalde de Ares, nomeadamente no que atinxe as obras do Plan E –dixo que o que se está facendo e fixo en Ares é un bo exemplo da utilidade e excelente uso desta iniciativa promovida polo Goberno central-. O ministro galego e o resto da comitiva, co alcalde e a deputada socialista á cabeza, realizaron unha visita a moitas das obras deste Plan, como a Casa do Patín, a sede de Servizos Sociais, o parque Rosalía e o mosteiro de Santa Catalina, donde se deu por rematada esta visita institucional.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares