Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde felicítase do anuncio da inminente licitación do novo centro de saúde, pero lembra que esta noticia é o froito de tres anos de traballo
09 Setembro 2010 11:29
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acolleu esta tarde con satisfacción as novas chegadas dende Espasante (Ortigueira), donde, segundo recollen os medios, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, anunciou o inicio dos traballos de construcción do centro de saúde de Ares para este ano. Esta nova, como subliñou o rexedor socialista, non vén máis que confirmar o contido dun escrito remitido hai escasamente un mes pola titular deste departamento da Xunta no que, como xa se informou no seu día, comunicaba ao Concello que a administración local xa fixera todas as xestións e tramitacións oportunas requeridas polos actuais responsables autonómicos para poder proceder á licitación e posterior comezo dos traballos desta importante infraestrutura sanitaria para un municipio como o de Ares, con importantes carencias en materia de saúde.
Así mesmo, Iglesias destacou non só o traballo desenvolvido pola Alcaldía dende o mesmo inicio do actual mandato, hai xa tres anos, senón tamén o realizado polo anterior Goberno socialista da Xunta, que foi quen asumiu este compromiso de dotar a Ares cun mellor, máis moderno, amplo e cun maior número de servizos e profesionais, e que non só asinou ao principio da lexislatura do PSOE no municipio un protocolo de colaboración entre as dúas administracións, senón que realizou e aprobou un proxecto de ampliación das instalacións, unicamente pendente de execución cando se produxeron as eleccións galegas de marzo de 2009.
Tanto co anterior Executivo autonómico como neste case ano e medio de Goberno da Xunta do PP, no que se produxo un notorio retraso nesta actuación polo cambio de modelo sanitario e pola redacción dun novo proxecto polo rexeitamento do xa existente, o equipo de goberno aresán sempre estivo á altura das circunstancias, cumprindo con todos os requerimentos e trámites solicitados e sempre, co alcalde á cabeza, esixindo e negociando en Santiago a urxencia da execución da obra.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares