Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 12 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde afirma que "a única xestión imputable a Diego Calvo en Ares é a denegación ata en dúas ocasións do Obradoiro de Emprego"
04 Setembro 2010 09:50
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, asegurou esta mañá, ante as afirmacións realizadas nos medios polos voceiros do PP de Ares e Mugardos destacando o labor feito polo delegado provincial, Diego Calvo, para acadar a execución do proxecto de mellora da seguridade viaria e construcción dunha senda peonil na AC-123, que “a única xestión imputable a Diego Calvo en Ares é a denegación ata en dúas ocasións do obradoiro de emprego”.
O rexedor socialista cualificou como “tomadura de pelo” o balance feito polo Partido Popular e, a este respecto, indicou que non hai máis que acudir á hemeroteca para constatar que foi o anterior Goberno da Xunta do PSdeG-PSOE o que presentou este proxecto en Ares e o que o aprobou. De feito, o propio proxecto, que foi entregado o 23 de xullo de 2008 ao alcalde polo entón delegado provincial, Alberto González (PSOE), ten data de maio de 2008, é dicir, case un ano antes das eleccións que levaron ao Partido Popular ao Goberno da Xunta de Galicia (ADXÚNTASE A PORTADA DO PROXECTO REDACTADO POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTE, NO QUE CONSTA A DATA DE REDACCIÓN DO MESMO, EN MAIO DE 2008).
Pero é que, ademais, a ex conselleira de Política Territorial, nunha visita en outubro de 2008 a Ares, tamén comprometera a execución, ao longo de 2009, desta actuación, que finalmente estivo paralizada máis dun ano unha vez que o PP accedeu ao Goberno do Excutivo autonómico. E é que, como se informaba o pasado mércores, tivo que ser o alcalde de Ares o que ao longo de todos estes meses realizara numerosas xestións co actual conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e axudado a través de iniciativas parlamentarias pola deputada Beatriz Sestayo, ata acadar o compromiso deste último.
Polo tanto, é evidente que sobran argumentos para rebatir estas declaracións dos voceiros do PP de Ares e Mugardos, que o único que pretenden é sacarlle rédito electoral a actuacións que, se ben é agora o actual Goberno “popular” as que as financia –por certo, con bastante retraso sobre as previsións iniciais do Bipartito e sempre en virtude do permanente esforzo e xestións levados a cabo dende a Alcaldía-, non deixan de ser compromisos adquiridos, e incluso orzamentados nalgúns dos casos, polos anteriores responsables da Xunta, do PSOE.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares