Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Alcaldía denuncia a utilización dos medios do Concello para a difusión da propaganda do PP
31 Agosto 2010 10:02
A Alcaldía de Ares quere denunciar publicamente o uso que está a facer o PP de Ares, nomeadamente o seu líder, Manuel Cendán, dos medios do Consistorio e, polo tanto, públicos. Concretamente, o voceiro do Partido Popular adícase a realizar numerosas fotocopias nunha das impresoras da Casa do Concello para a súa difusión propagandística por todo o municipio.
Despois de varias sospeitas nesta dirección, xurdidas despois do reparto masivo entre os veciños e veciñas do municipio de escritos co logotipo do Partido Popular de Ares, esta mesma mañá constatouse a realización das fotocopias dun escrito que o PP xa repartira hai unhas semanas entre os aresáns criticando ao equipo de goberno.
Para a Alcaldía, trátase dunha práctica cando menos inmoral, dado que este tipo de accións e iniciativas electorais e propagandísticas dun partido, como o PP, non poden ser financiadas con cartos públicos e, en definitiva, de todos os veciños e veciñas, senón que deben ser as formacións políticas as que, cos seus fondos, teñen que facer fronte a ditas campañas. Pero é que, ademais, para os responsables municipais, esta actuación totalmente reprochable agrávase aínda máis se temos en conta as constantes críticas de Cendán sobre os gastos do Concello.
“Unha vez máis, o Partido Popular e o seu responsable, Manuel Cendán, deixan de manifesto a súa doble moral, empregando un discurso de austeridade publicamente e levando a cabo todo o contrario cando se trata del e do seu partido”, destacou o rexedor, Julio Iglesias.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares