Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno aproba por unanimidade o proxecto de dotación de depósitos e colectores xerais para o abastecemento de San Pedro de Cervás
26 Agosto 2010 12:48
O pleno da corporación, reunido esta mañá en sesión ordinaria correspondente a fin de mes, aprobou por unanimidade de todos os grupos o proxecto de dotación de depósitos e colectores xerais de abastecemento para a parroquia de San Pedro de Cervás, un trámite necesario para que Augas de Galicia poda licitar estas obras.
Trátase, como lembrou o alcalde, Julio Iglesias, dunha intervención imprescindible non só para garantir a conexión á rede xeral de subministro de auga das vivendas ubicadas en Cervás, senón que a intervención resulta fundamental para os veciños de Chanteiro e de Lubre. De feito, os traballos que agora mesmo se están a executar en Chanteiro relativos ao abastecemento non terían sentido ningún sen esta actuación que confirmara o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, ao alcalde aresán nunha reunión celebrada o pasado mes de xuño en Santiago a instancias do propio rexedor socialista.
O proxecto suporá un desembolso de 656.807,53 euros e os depósitos instalaranse nunha parcela de titularidade municipal que o Concello porá agora a disposición da Xunta para que ésta poda levar a cabo a obra.
Iglesias destacou as numerosas e intensas negociacións levadas a cabo ao longo deste último ano tanto por parte da Alcaldía como dos propios veciños das zonas afectadas para acadar que o Goberno da Xunta decidira seguir adiante cun proxecto que xa tiña o respaldo do anterior titular de Medio Ambiente, o socialista Pachi Vázquez.
Agora, o Concello, que xa deu o primeiro paso coa aprobación do proxecto en pleno, axilizará ao máximo os trámites que lle corresponden para que as obras sexan licitadas por Augas de Galicia á maior brevidade posible e se executen coincidindo coas de Chanteiro e as da EDAR.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares