Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 21 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A aresá María Covadonga Barreiro participa na XV edición de Estampa 2007, o Salón Internacional de Grabado e Edicións de Artes Contemporáneo
23 Octubre 2007 10:19
A moza aresá María Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes foi seleccionada para participar na XV edición de Estampa 2007, o salón internacional do grabado e edicións de arte contemporáneo. A obra que mostrará durante o certame, que se desenvolverá entre mañá, día 24, e o vindeiro 28 no pabillón 5 do recinto ferial Juan Carlos I de Madrid, leva o título de “(Im)Posibles construcciones de uno mismo”, unha instalación fotográfica e unha performance que integrará, xunto coas creacións doutros artistas, o apartado “Tentaciones”.
María Covadonga Barreiro, ten 23 anos, é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra e na actualidade cursa o segundo ano dos cursos de Doctorado. Ademais, ten concedida unha beca do Ministerio de Educación para formación de profesorado universitario (FPU).
A importante traxectoria profesional desta aresá a convirte nunha das promesas do panorama artístico nacional. Entre os seus últimos méritos, cabe destacar que na edición deste ano, como xa ocorreu en 2006, de “Gzcrea” –programa dirixido a novos creadores galegos- María Covadonga Barreiro tamén foi seleccionada, neste caso na modalidade de pintura, pola obra “S/T (Ventanas)”, que será exhibida, xunto co resto das elixidas, no Museo do Pobo Galego de Santiago. Tamén expuso nestes dous últimos anos no certame “Novos Valores”, promovido pola Deputación de Pontevedra.
A participación en Estampa é, sen dúbida, a máis importante de todas as acadadas ata o momento para Barreiro, que considera una honra que a súa obra fora seleccionada –os elixidos son doce de diferentes partes do mundo- para este certame, o máis relevante de Europa neste ámbito.
María Covadonga Barreiro, que esta mañá viaxaba a Madrid para facer a montaxe, permanecerá na capital de España ata o vindeiro luns, día 29, xa que tamén lle corresponde retirar a mostra. Esta artista, segundo explica, emprega diferentes medios de expresión, aínda que se centra, sobre todo, na fotografía. Tamén utiliza a escultura e agora, por primeira vez, a performance.

ALCALDE

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, quixo transmitir o seu parabén a esta moza da vila pola súa participación neste importante certame e pola súa destacada traxectoria, que confía prosiga cos mesmos éxitos que os acadados ata o momento. Para o rexedor socialista, é unha honra para Ares que una das súas veciñas teña chegado ao máis alto dun mundo ás veces tan complicado como é o do arte.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares