Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares xa recibe a auga co caudal suficiente para acabar cos problemas de presión
25 Agosto 2010 15:03
Un dos problemas que vén arrastrando Ares dende hai moitos anos, como era o da falla de presión no subministro de auga pola existencia dunha aceleradora en Mugardos que daba a este último municipio, con dúas importantes empresas demandantes de auga asentadas no seu territorio, un mellor servizo en detrimento do que tiña este concello, está a chegar ao seu fin. De feito, o Concello de Ares xa recibe a auga con caudal suficiente para acabar con este problema, unha constante con especial incidencia nos pisos máis altos e na época estival, na que este municipio chega ata triplicar a súa poboación e, polo tanto, a demanda de auga increméntase nunha porcentaxe moi similar.
A construcción de novas tuberías, que permiten que o subministro que leva a cabo Ferrol a Ares e ao núcleo poboacional de Mugardos se realice por separado, porá fin a esta situación, que este grupo de goberno, co seu alcalde á cabeza, tivo un especial interese en resolver. De feito, o rexedor, Julio Iglesias, leva moito tempo negociando estas melloras no servizo de abastecemento de auga co alcalde do municipio de Mugardos así como con Augas de Galicia, organismo que finalmente executou esta tubería que diversifica o servizo de subministro de auga. A este respecto, hai que destacar que Aquagest xa está a detectar a subida de presión en Ares, confirmando unha mellora que se prevé sexa aínda maior.
A este respecto, hai que subliñar que na actualidade, unicamente resta a desconexión en O Seixo para que os municipios de Ares e Mugardos reciban a auga totalmente por separado. Esta intervención levarase a cabo en breve.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares