Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde destaca o traballo que está a desenvolver a Asociación de Amigos de Santa Catalina na posta en valor do cenobio
20 Agosto 2010 14:51
O alcalde, Julio Iglesias, no marco da inauguración dunha exposición de cadros sobre Santa Catalina, celebrado esta mañá no salón de actos da Alianza Aresana, destacou o traballo que está a desenvolver a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina na posta en valor e conservación deste cenobio, “un grande desconocido nesta comarca”. O rexedor, que estivo acompañado polos concelleiros do grupo de goberno, tamén quixo agradecer aos dez artistas –algúns deles presentes no acto de hoxe- da Sociedad Artística Ferrolana (SAF) que participaron nesta iniciativa a súa aportación, plasmada en magníficos cadros que recollen estampas do mosteiro dende diferentes perspectivas e técnicas pictóricas.
Iglesias, que aproveitou a ocasión para anunciar que proximamente se poderá utilizar a Sala de Exposición da recentemente rehabilitada Casa do Patín, asegurou que o Concello seguirá apoiando “con moito entusiasmo” á Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, da que que dixo que “fai moito con moi pouco”.
Pola súa banda, Antonio Gómez Pérez-Ardá, presidente desta entidade, afirmou sentirse “entusiasmado” polo resultado final desta iniciativa, que a asociación agarda poder seguir desenvolvendo en anos posteriores. Gómez tamen destacou a “colaboración inestimable” do Concello e da Sociedad Artística Ferrolana.
Esta mostra está integrada por dez cadros realizados por outros tanto artistas pertencentes á Asociación Artística Ferrolana – Anxo Álvarez, Suso Balado, Carlos Barcón, Corín Cervera, Chuca Garrote, Carmen Calviño, Pedro Menchén, Carmen Soto, Jesús Gómez e Mª Luisa González Collado- no marco dunha xornada organizada o 21 de maio pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina co obxectivo de que estes pintores elaborasen obras co cenobio e o seu entorno como tema principal. Esta exposición poderá ser visitada ata o 28 de setembro no horario de apertura da Alianza Aresana.
Unha vez rematada esta exposición, concretamente o 2 de outubro, o mosteiro de Santa Catalina acollerá nunha merenda cea na que se subastarán os dez cadros. O recadado será para a Asociación de Amigos de Santa Catalina, que desenvolve un importante traballo no cenobio ao longo de todo o ano.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares