Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 02 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello recupera para uso e desfrute dos veciños as fontes lavadoiro da Tella e do Bulleiro, en Lubre
18 Agosto 2010 12:48
O Concello de Ares, a través da área de Obras e Servizos, continúa inmersa na rehabilitación das fontes e lavadoiros do municipio; un traballo iniciado hai máis dun ano grazas á posta en marcha do obradoiro de emprego e seguido dende o remate de Insert@ares por parte dos operarios municipais. Cos obxectivos de recuperar o patrimonio local –en moitos casos, de principios do século XIX- e de atender unha demanda veciñal, xa que moitas destas fontes e lavadoiros seguen sendo utilizados polos aresáns, o goberno local iniciou este traballo, cuxa orde de actuación responde precisamente ao uso que se lles da –agás o de Güille, que se rehabilitou despois de que co Klaus caera unha árbore sobre a súa estrutura-. Neste eido, ademais do de Güille, xa foron rehabilitados os lavadoiros de O Cal, A Torre, Pedrós e Besoxo.
A éstes hai que engadir agora a Fonte da Tella e o lavadoiro do Bulleiro, ambos en Lubre. Nestes dous, que son fonte e lavadoiro, non só se levaron a cabo obras de recuperación senón que tamén se dotaron das infraestruturas das que carecían. No primeiro dos casos, a Fonte da Tella, á que acuden moitos veciños de todo o municipio para coller auga, as tarefas máis destacadas foron as de rehabilitación e reparación das escaleiras de acceso, muros de contención así como o adecentamento do regato adxacente. En canto á fonte lavadoiro do Bulleiro, lugar moi emblemático de Lubre posto que no pasado surtía de auga a todo o campo da aldea, os operarios municipais realizaron as correspondentes obras nas canalizacións ademais de instalarse un cerramento con celoxía. Os traballos nas dúas fontes lavadoiro remataron cunha man de pintura para a súa posta a punto.
Na actualidade, o Concello está a actúar na fonte lavadoiro Porta de Seixas, tamén en Lubre, e unha vez que esta actuación remate, levarase a cabo a recuperación da do Penedo, entre Lubre e Maiobre.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares