Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello recibiu esta mañá un tractor para o desbroce e limpeza de camiños e praias do municipio
16 Agosto 2010 12:49
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado polo concelleiro de Obras e Servizos, José Ferreiro, recibíu esta mañá un novo vehículo para o parque municipal, notablemente incrementado nestes últimos tres anos. Trátase neste caso dun tractor para o desbroce e limpeza de camiños e praias, que foi bendicido nun acto celebrado na praza da Igrexa.
O tractor, financiado pola Deputación Provincial, foi subministrado pola empresa López Golpe e supuxo un investimento de 115.000 euros. O vehículo, un Lamborghini de 125 cabalos de potencia, é o máis completo e moderno do mercado e, entre outras prestacións, conta con monomando e máquina Bonford con extensible.
Hai que subliñar que no que vai de mandato, o grupo de goberno fixo especial fincapé na mellora do seu parque móbil, ata entón moi limitado e en evidente mal estado, para, deste xeito, poder atender axeitadamente os servizos que demandan os veciños e veciñas do municipio. Así, nestes tres anos o Concello, grazas ás subvencións xestionadas con outras administracións por parte da Alcaldía, recibíu un vehículo para a Policía Local, outro para Protección Civil, un camión multiservizos e unha cargadora retroexcavadora.
Na actualidade, o parque de vehículos do Concello está composto por dúas furgonetas, unha cargadora retroexcavadora –financiada tamén pola institucións provincial e entregada o pasado mes de marzo- un tractor desbrozador, outro limpa-praias, unha barredora, tres dúmper, dous todoterreos para Protección Civil, un camión contraincendios, outro multiservizos, dous vehículos para a Policía Local e un turismo adscrito á Concellaría de Obras e Servizos. Ademais, dende esta mañá, o Concello dispón dun novo tractor, que comezará a funcionar a partires de mañá mesmo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares