Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Xaneiro de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MerAres - Campaña en colaboración coa hostelería e comercio de Ares

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O ALCALDE ACADA O COMPROMISO DE SANIDADE PARA LICITAR A CONSTRUCCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE AO LONGO DESTE EXERCICIO
02 Agosto 2010 10:54
.- O alcalde de Ares, Julio Iglesias vén de recibir unha carta asinada pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, na que, despois de todos estes meses de intensas negociacións, confirma ao rexedor que o Concello cumpriu con todos os trámites legais e administrativos na cesión da parcela –como se recordará, o novo modelo da actual Xunta do PP obrigou á administración local a ceder os terreos do actual centro e o anexo para a ampliación e non a poñelos á súa disposición, como xa fixera co anterior Bipartito hai tres anos- e, polo tanto, xa se pode iniciar a licitación dos traballos. Neste sentido, a máxima responsable deste departamento informa a Iglesias de que Sanidade está rematando a preparación dos pregos para a licitación que, segundo anuncia, terá lugar antes de que remate o presente exercicio.
O alcalde socialista leva dende que se iniciou o mandato, hai xa tres anos, traballando a reo para acadar a ampliación dun centro de saúde que na actualidade non da resposta ás necesidades sanitarias e poboacionais dun municipio que cada ano incrementa o seu número de habitantes. De feito, hai que lembrar que unha das primeiras visitas a Ares dun responsable do Goberno Bipartito foi a da conselleira de Sanidade do PSOE, María José Rubio, que xa entón –setembro de 2007- anunciou a ampliación do actual centro, tanto en superficie como en servizos sanitarios e a sinatura dun protocolo de colaboración entre as dúas administracións para a execución desta importante intervención.
Dende entón, foron moitos e moi relevantes os pasos dados nestes tres anos, coa posta a disposición á Consellería dos terreos, a adecuación –por parte do Concello- do edificio do antigo Consistorio para acoller o centro de saúde provisionalmente mentres se ejecutaban as obras ou a redacción, por parte do Sergas, dun anteproxecto. O cambio de Goberno e cor política nas eleccións autonómicas de marzo de 2009 supuxeron un paso atrás para esta actuación, xa que o PP decidíu cambiar o modelo de xestión dos centros de saúde –entre eles, o de Ares- e, ademais, rexeitou o anteproxecto e encargou outro diferente, así como esixiu ao Concello a cesión dos terreos e non a posta a disposición dos mesmos.
Agora, o traballo feito polo Concello, e nomeadamente polo alcalde, parece que comeza a dar os seus froitos e as obras quedarán licitadas este ano. Para o rexedor socialista, é fundamental que Sanidade cumpra cos seus compromisos e leve a cabo á maior brevidade posible a tramitación que lle corresponde, xa que “os veciños e veciñas de Ares non poden seguir esperando por un servizo básico e fundamental como é o sanitario”.
Finalmente, Iglesias destacou o feito de que o centro de saúde se constrúa no lugar defendido dende un primeiro momento polo seu grupo, e dicir, no mesmo sitio no que atopan as actuais instalacións, e non, como quería o PP, en Pedrós, alonxado do casco urbán e con dificultades na accesibilidade para a grande mayorías dos veciños e veciñas do municipio. Precisamente foi a actitude do Partido Popular a que ralentizou esta obra e incluso chegou a obstaculizala; primeiro, con Manuel Cendán na Alcaldía, impedindo que o Sergas poidera executar a ampliación na parcela actual e, despois, neste caso xa a nivel autonómico, botando por terra moito do feito ata o momento e obrigando ao Concello a realizar novos trámites, que o grupo de goberno levou a cabo nun curto espazo de tempo.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares